En R, polo de agora, non temos solucións para a tristeza, pero si podemos axudarche a superar esas situacións que un luns de xaneiro dan moito baixón.
Plántalle cara ao Blue Monday con R...
... nestes casos:
- Chegar tarde ao traballo polo atasco das 8:00 h: durme un pouco máis e chega máis rápido co patinete Xiaomi Mi Electric Scooter 3 en R.
- Que a wifi vaia lenta en plena videochamada: multiplica ata catro veces a cobertura e a velocidade do sinal de wifi na túa casa co novo servizo WiFi Mesh de R.
- Que o móbil caia ao chan e quede KO: asegura a túa pantalla co servizo “Coidamos a túa pantalla” de R dende 1€ ao mes.
- Que non poidas descargar nin unha app máis no teléfono por falta de espazo: cambia de móbil por un con máis GB de almacenamento na tenda móbilR.
- Quedar sen datos no móbil antes de que termine xaneiro: pasa aos xigas ilimitados de R.
- Que alguén se apodere do mando da tele: colle o móbil, tableta ou ordenador para ver a túa serie na app tv comigo (para Android, iOS u ordenador).
- Non saber que ver hoxe: elixe entre máis de 110 canles coa opción total TV con deco 4K, dende o que podes acceder directamente a Amazon Prime Video e Netflix.
- Perder unha chamada importante xusto cando saes correr: faite cuns auriculares, unha band sport ou un smartwatch en R.
- Esquecer o contrasinal da wifi: recupérao ou cámbiao facilmente dende o móbil, na app de clientes de R (para Android ou iOS).
- Quedar sen ideas para as túas stories do Blue Monday en Instagram: dálle outro toque cos stickers de R 😉.
Que teñas un Happy Monday!!