Despois duns anos de espera, volve o gran evento olímpico e queremos ofrecerche a posibilidade de vivilo como se merece. Ao ser cliente de R podes sentir toda a emoción dos Xogos Olímpicos Paris 2024 en Eurosport sen custo adicional.

Eurosport ofrece, a través de R, a retransmisión dos Xogos Olímpicos Paris 2024, que se celebrarán do 26 de xullo ao 11 de agosto.

Os nosos clientes de Ocio TV e de Total TV gozarán, sen custo adicional, de máis de 800 horas en directo do mellor deporte dos Xogos Olímpicos Paris 2024, grazas á ampla cobertura preparada por Eurosport. Todo isto grazas a que se habilitarán novas canles especiais para a ocasión.

Canles especiais de Eurosport para os Xogos Olímpicos Paris 2024

Máis de 200 nacións participarán nestes Xogos Olímpicos en 306 eventos con medallas. Máis de 10.000 deportistas, entre os que se atopan os galegos Ana Peleteiro, Adrián Ben, Ester Navarrete e Tariku Novales, compiten en 32 deportes diferentes. E un evento coma este merece unha ampla cobertura especial.

Para a ocasión, habilitaranse ata sete novas canles de Eurosport con contidos exclusivos centrados nos principais deportes olímpicos: deportes de raqueta e de golf, deportes artísticos, fútbol, baloncesto, deportes de contacto, balonmán e voleibol.

Nestas sete novas canles de Eurosport poderemos ver ata 150 horas en directo de partidos de tenis, tenis de mesa ou golf nas categorías feminina e masculina; unhas 90 horas de disciplinas como ximnasia artística ou rítmica; e máis de 100 horas do mellor baloncesto ou balonmán. As novas canles están dispoñibles entre os diais 72 e 78, ambos os dous incluídos, do servizo de televisión que che ofrecemos a través de R.

Dial 72: Deportes de raqueta e de golf
Dial 73: Disciplinas artísticas
Dial 74: Fútbol
Dial 75: Baloncesto
Dial 76: Deportes de contacto
Dial 77: Balonmán
Dial 78: Voleibol

Estas canles especiais súmanse a Eurosport 1 (dial 70), coa súa ampla cobertura das disciplinas clásicas olímpicas, e a Eurosport 2 (dial 71), que realiza un seguimento especial dos deportistas españois.

Ademais, para gozar das principais competicións coa máxima calidade de imaxe e de son, tamén se mantén a canle Eurosport 4K (dial 79) durante o evento olímpico. Esta canle de ultra alta definición é perfecta para vivir toda a emoción dos deportes, case coma se o estiveses vendo en primeira fila en París.

Debido á cobertura especial olímpica e ás novas canles exclusivas, estamos a cambiar temporalmente os diais nalgunhas das nosas canles. Estes serían os cambios: Teledeporte estará no dial 80, LALIGA TV Hypermotion no dial 81, GOL PLAY no dial 83 e Real Madrid TV no dial 84.

Pola túa parte non che queda nada máis que tomar asento para gozar da gran cita olímpica de Paris 2024 en Eurosport a través de R, pasaralo olimpicamente ;)