Ola. De seguro que viches na prensa que o FBI está alertando dun novo malware (VPNFilter) que ataca os routers de internet.
Dende R queremos tranquilizarte.
En primeiro, xa adoptamos distintas medidas de seguridade na nosa rede.
Dito isto, os routers afectados son uns modelos moi concretos que NON instalamos en R. É dicir, que non te atoparías entre os 500.000 afectados.
En concreto, os routers afectados son:
- Linksys E1200, E2500 e WRVS4400N
- Mikrotik RouterOS for Cloud Core Routers: 1016, 1036 e 1072
- Netgear DGN2200, R6400, R7000, R8000, WNR1000 e WNR2000
- QNAP TS251 e QNAP TS439 Pro
- TP-Link R600VPN
- Outros dispositivos NAS de QNAP co software QTS
Insistimos en que estes equipos non forman parte dos modelos que ofrecemos para dar conexión a internet.
En todo caso, se ti, a nivel particular, tes algún destes equipos, a recomendación é que apagues e acendas o router. Ou ben que o resetees a valores de fábrica.
Un saúdo.
Foto de Markus Spiske