Xa o sabiades, non si? Lembrámosvolo, de todos os xeitos, por se andades a buscar información nalgún outro sitio que xa non existe.
Por exemplo, en revista.mundo-R.com (na imaxe, un 'revival' de portadas daquela benquerida publicación de R) ou en quecheparece.com; se picades nestes enlaces veredes que se vos redireccionan ao blog de R. Porque todas as novidades e os contidos que cómpre que coñezades sobre os servizos de R atópanse dende hai un tempiño nesta canle que tentamos ir mellorando día a día coa vosa axuda e a vosa interacción, como xa vos comentamos hai tempo.
De feito, a segunda gran función do noso blog é a de manter aberto un lugar de encontro convosco, que sodes a parte esencial da empresa. Os vosos comentarios son para nós referente imprescindible que nos fan poñernos as pilas e tomar nota de temas ou detalles dos servizos de R que se nos poden escapar, dende logo. Así que non deixedes de escribir e de opinar, de verdade, pois é a maneira máis efectiva de mellorar e responder ao que esperades de nós.
Lembrade, polo tanto, que a antiga revistaR, a nosa primeira bitácora (quecheparece.com) e máis toda a información sobre a grella de programación ou as novidades de rebobina, por exemplo, encóntranse ben organizadas no blog de R.
No apartado de quecheparece, como sabedes, están todas as novas relativas aos nosos servizos e tamén aí vos adiantamos cousas dos novos produtos nos que estamos a traballar, a ver se vos gustan (por iso vén tan ao caso que nos deades a vosa opinión, que preguntedes e que critiquedes ). A carón tedes as pestanas de televisión e móbilR e, por último, a de xenteR, onde incluímos, entre outras curiosidades, historias e proxectos de xente de aquí que fai as cousas dun xeito algo diferente, con ilusión e con moitas ganas.
En fin, esperamos que o blog de R estea respondendo ás vosas expectativas... O fío está aberto para vós, coma sempre.