Xente R
Feira do libro da Coruña 2024: programa, autores, datas…
Enmarcada nas Festas de María Pita, a Feira do Libro da Coruña 2024 é un evento organizado pola Federación de Librarías de Galicia que se celebra do 1 ao 10 de agosto nos Xardíns de Méndez Núñez. Alí reúnense autores, lectores, librarías e editoras, todos xuntos celebrando o amor pola literatura. De feito, é unha das feiras de Galicia que máis afluencia teñen, tanto a nivel de casetas como de lectores e visitantes.