Estreamos Festival. Levabamos tempo dándolle voltas á idea e, ao fin, 2021 será o ano en que poñamos en marcha o noso propio Festival de Música do Norte.

Aínda non podemos concretarvos as datas definitivas pero traballamos na súa organización de cara ao próximo verán, cando esperamos que a pandemia xa nos dea un respiro. E confiamos en que o noso clima do norte tamén .

O Festival contará con varios escenarios distribuídos por Galicia, Asturias e Euskadi no que se darán cita grandes nomes internacionais, xunto con outros locais que seguro farán as delicias de todo tipo de públicos.

Pero a axenda non está nin moito menos pechada, esperamos as vosas achegas e suxestións para converter o noso Festival nunha das grandes citas musicais do momento.

Unha canle de televisión exclusiva do Festival

Ademais de poder seguilo en vivo e en directo, o Festival retransmitirase vía streaming a todos os nosos clientes, para o que habilitaremos un dial específico na nosa televisión R no que poderedes desfrutar de todas as actuacións e que ademais contará con entrevistas e programas especiais exclusivos do evento.

Dicídenos, a quen vos gustaría ver no noso Festival?

Máis información e inscricións para o Festival aquí.

ACTUALIZACIÓN: como algúns xa adiviñastes, trátase dunha nova publicada o 28 de decembro, co que é unha inocentada .