Quecheparece
Festa do Carneiro ao Espeto en Moraña 2025: programa e reservas
Cando chega o verán, as festas gastronómicas enchen todo o país. Unha das máis tradicionais é a Festa do Carneiro ao Espeto en Moraña 2025, que se celebra do 25 ao 27 de xullo, cun manxar espectacular, tanto para o padal como para a vista. Consulta aquí o programa e como facer as reservas dun lote para comer carneiro na Carballeira de Santa Lucía.