Quecheparece
Trivial: canto sabes sobre as verbenas e a música gallega?
Divírtete con este trivial centrado nas verbenas e na música de Galicia. Canto sabes sobre as verbenas galegas e a nosa música.
Divírtete con este trivial centrado nas verbenas e na música de Galicia. Canto sabes sobre as verbenas galegas e a nosa música.
Os amantes da música e a cultura galega teñen unha cita no Festival de Pardiñas 2024 de Guitiriz, do 2 ao 4 de agosto. Este ano celebran 45 edicións, así que non podes perder esta festa de interese turístico galego que organiza a Asociación Cultural Xermolos. Consulta aquí o cartel e o programa do Festival de Pardiñas 2024 para pasar unha fin de semana de festa en Guitiriz.
Celebrar a nosa historia é unha forma de lembrar de onde vimos e en Noia levan 25 anos conmemorándoa do mellor xeito posible. A Feira Medieval de Noia 2024 é unha das máis coñecidas de Galicia e este ano aumenta un día de festa e celebrarase do 18 ao 21 de xullo.
Se hai unha festa do verán galego que máis peculiaridades acolle, é a Festa da Dorna de Ribeira. Do 18 ao 24 de xullo de 2024, a capital do Barbanza enchese de peculiares e divertidos xogos, concertos e diversión na Festa da Dorna de Ribeira 2024. Uns días nos que a típica embarcación local é a escusa para confraternizar e pasalo ben. Contámosche os horarios, o programa e a historia.
É falar das festas de Bouzas e pensar enseguida no verán e nos seus fogos artificiais. As festas de Bouzas son, seguramente, as máis famosas de todos os barrios de Vigo grazas ao gran espectáculo pirotécnico do seu día grande. Este ano serán entre o 18 e o 23 de xullo de 2024.
O mes de xullo en Galicia por excelencia é o mes dos festivais de música. Hainos de todo tipo, dende os que traen as estrelas máis populares do momento ata os máis especializados. Ese é o caso do Festival de Ortigueira, que despois de 38 anos é coñecido mundialmente. Como é habitual na segunda fin de semana de xullo, este ano do 11 ao 14 de xullo, Ortigueira encherase de música celta.