Ola. A maior rede de wifi gratis de Galicia non para de crecer e iso debémoscho a ti, porque non esquezas que se trata dun clube que sen ti non sería posible. E a mellor forma de agradecercho é ofrecéndoche máis puntos de acceso.

Agora dispós de máis de 130.000 puntos wifliclientesR repartidos en máis de 100 concellos para que poidas conectarte e navegar sen gastar datos, unha gran noticia. Con este aumento podemos dar cobertura aos máis de 195.000 usuarios que desfrutades xa de wificlientesR, gastando ata 5TB de tráfico ao día. Cada día somos máis, como no Xabarín Clube .

Superamos os 130.000 puntos de acceso, entre os que se atopan os 50 de alta capacidade que activamos hai un par de meses. Ampliamos a rede con eses novos accesos que ofrecen maior cobertura, capacidade e velocidade para reforzar as zonas con máis demanda. E seguiremos crecendo para que cada vez teñas máis puntos wifi gratuítos e sen límite de datos.

Se aínda non tes configurado wificlientesR no teu móbilR, lembrámosche que se achega o Nadal e virache pero que moi ben aproveitar o wifi na rúa. Activalo é moi sinxelo, podes facelo a través da app de R. Ao descargala sairache un aviso para que o configures cun só clic. Así de fácil e rápido.

Únete á festa de “non-vou-gastar-os meus-datos”.

Vémonos pronto con máis novidades.

Un saúdo!