3ollos R coida da túa casa ou negocio por ti cando ti non estás. Se queres evitar sustos ante un posible incendio no teu fogar, necesitas un detector de fume. Configúrao para recibir unha alerta no teu móbil cando o sensor detecte fume.
Ademais, se o combinas cunha cámara HD, recibirás un vídeo no teu móbil.
Discreto e sinxelo, podes colocalo en calquera lugar da túa casa. Poderás saber se alguén fumou na casa ou se deixaches un lume aceso.
Ademais, inclúe un tamper anti sabotaxe para que te avise cando alguén tente subtraer o sensor.
Alerta fume!
Evita sustos no teu fogar, garaxe, comunidade de veciños, etc. coloca un detector de fume. O detector fará soar unha alarma ante calquera problema. E o mellor de todo, poderás configurar 3ollos R para que quen ti elixas reciba unha alerta advertindo dun posible incendio.
Confesa, ti tamén o queres?
Configura alertas para saber se hai fume en casa
Dende a app de 3ollos R (dispoñible para Android e iOS) podes configurar as alertas.
- paso 1: pulsa no menú, a icona con tres barras horizontais que atoparás na parte superior esquerda da pantalla.
- paso 2: escolle a opción regras para que 3ollos R te avise.
- paso 3: pulsa en "crear regra" se tes un móbil Android ou "+ nova regra" se tes un iPhone.
- paso 4: busca a regra: avísame se hai fume. Utiliza os seguintes filtros para atopala con maior facilidade:
- acción: avísame
- uso: tranquilidade
- sensor: sensor de emerxencias
- paso 5: busca a regra: "avísame se hai fume". Para configurala, pulsa na icona con forma de frecha ao final da regra se tes un móbil Android ou pulsa encima da regra se tes un iPhone.
- paso 6: para almacenar a túa configuración, pulsa en "crear regra" se tes un móbil Android ou en "gardar" se tes un iPhone. A regra aparecerá activa na listaxe de regras.
- Se tamén dispós dunha cámara HD de 3ollos R, poderás seleccionala ao crear a regra para gravar un vídeo.
Custo do servizo
- 8€/mes para clientes de combo ou mambo: cota do servizo gratis, concentrador 5€/mes e detector de fume 3€/mes durante 24 meses. Pero durante os dous primeiros meses a cota do concentrador é gratis polo que só pagarás os 3€ do detector de fume.
- 17€/mes para resto de clientes: cota do servizo 9€/mes, concentrador 5€/mes e detector de fume 3€/mes durante 24 meses. Pero durante os dous primeiros meses a cota do concentrador e o servizo é gratis polo que só pagarás os 3€ do detector de fume.
Resolvemos as túas dúbidas
Aquí estamos para resolver as dúbidas que teñas sobre 3ollos R. Ademais, podes consultar na web de respostas as preguntas máis frecuentes, descargar os manuais de 3ollos R ou entrar no foro.
Lembra que podes seguir a nosas novidades en Twitter, Facebook, Instagram e na nosa canle de Telegram.
Ata pronto!