Blog Mundo R - Página 22

Quecheparece

Patrimonio da Humanidade en Galicia: lista de lugares

Dos 1.121 sitios declarados Patrimonio Mundial, 48 están en España e, entre eles, 4 en territorio galego. Queres saber todos os lugares Patrimonio da Humanidade en Galicia? Adiantámosche que o Camiño de Santiago é un deles. Descubre a lista completa dos sitios que a UNESCO declarou Patrimonio da Humanidade en Galicia e que, por tanto, debemos preservar para as xeracións futuras.

Quecheparece

Os mellores balnearios en Galicia

En Galicia temos unha ampla oferta de turismo termal. Un bo número de balnearios e spas nos que, ademais de coidar a nosa saúde, podemos practicar deporte, gozar da boa gastronomía e descubrir lugares con encanto. Damos un repaso aos mellores balnearios de Galicia.

Quecheparece

Bonos Activa Comercio: como conseguilos e cando se poden usar

Coa inflación disparada e as festas de Nadal á volta da esquina, agradécese máis que nunca un desconto nas compras. Por terceira vez, a Xunta pon en marcha os Bonos Activa Comercio, que podes solicitar e utilizar do 9 de outubro ao 31 de decembro de 2023. Contámosche que son, como solicitalos e en que establecementos podes utilizalos.

Quecheparece

Ruta polo río dos Gafos: natureza en plena cidade de Pontevedra

Galicia sempre se caracterizou por ter a natureza e o campo á volta da esquina. Non podemos queixarnos. Pero hai cidades que teñen todos estes paraxes naturais máis preto. É o caso do paseo urbano do río dos Gafos en Pontevedra. Ensinámosche como gozar da natureza cunha ruta que atravesa a cidade do Lérez.

Quecheparece

Moelo: que é e como comer este bivalvo das Rías Galegas

As Rías Galegas están entre as mellores do mundo para a cría de marisco. Delas saen cantidade e calidade. Pero ás veces algúns produtos son, aínda hoxe en día, descoñecidos para moitos comensais. Hoxe imos falar do moelo ou carneiro, un bivalvo que cada día vai gañando adeptos. Explicaremos que é o moelo e como comelo para sacarlle o máximo proveito.

Quecheparece

Outono gastronómico 2023: casas rurais, menús, prezos…

Os plans de casa rural, comida rica e excursións son do mellorciño. É o que che ofrece o Outono Gastronómico 2023: menús a base de produtos galegos, en casas de Turismo Rural de Galicia, onde ademais de comer ou cear, podes durmir un día ou unha fin de semana, e mesmo facer actividades de lecer. Apúntate a este plan de outono en Galicia do 15 de setembro ao 17 de decembro.

Xente R

Que ver e que facer no Grove

As Rías Baixas son o centro do turismo galego cada verán. E a ría de Arousa énchese de veraneantes de todo tipo. Uns buscan sol e praia, outros fermosas paisaxes naturais ou vilas con encanto. E aí está O Grove, unha vila mariñeira que reúne todos estes ingredientes. Recompilamos para ti todo o que tes que ver e que facer se te achegas ao Grove.