Os plans de casa rural, comida rica e excursións son do mellorciño. É o que che ofrece o Outono Gastronómico 2023: menús a base de produtos galegos, en casas de Turismo Rural de Galicia, onde, ademais de comer ou cear, podes durmir un día ou unha fin de semana, e mesmo facer actividades de lecer. Apúntate a este plan de outono en Galicia do 15 de setembro ao 17 de decembro.
E para iso, contámosche todo sobre o Outono Gastronómico 2023: tipos de paquetes, lista de casas rurais, menús, prezos e como reservar.
Cando é o Outono Gastronómico 2023?
Empezamos polo máis importante, para que vaias buscando data. O Outono Gastronómico 2023 celébrase do 15 de setembro ao 17 de decembro.
Podes facer a túa reserva para gozar destas experiencias os venres, sábados e domingos durante ese período, salvo dúas fins de semana concretas: 13 – 15 de outubro e 8 – 10 de decembro.
Como reservar o Outono Gastronómico 2023?
Para gozar da oferta do Outono Gastronómico 2023 só tes que elixir a casa de turismo rural que máis che apeteza e chamar directamente para reservar a túa praza, se hai dispoñibilidade para as datas que che interesan, e indicar a modalidade que queres.
Explicámoschas unha a unha aquí debaixo, para que escollas o teu plan de outono en Galicia.
Outono Gastronómico 2023: tipos de ofertas e prezos
A verdade é que o programa do Outono Gastronómico 2023 nas casas de Turismo Rural de Galicia ofréceche moitas posibilidades para que elixas o que che apetece facer: saborear só o menú gastronómico, tamén durmir unha ou dúas noites, ou engadir unha actividade extra á túa escapada de fin de semana no outono. Podes facelo só, en parella ou coa familia.
Detallámosche todas as opcións que podes elixir no Outono Gastronómico de Galicia.
Menú Outono Gastronómico
É a opción do Outono Gastronómico 2023 para quen queira saborear un menú completo elaborado cos mellores produtos galegos.
O menú consta de entrante, primeiro e segundo prato, sobremesa e viño.
E podes atopar sorprendentes receitas como xabaril con cabaza, polo con castañas, kokotxas de bacallau ao pilpil, ameixas á mariñeira... de chuparse os dedos.
- Prezo do Menú Outono Gastronómico 2023: 35€ por persoa
Paquete Outono Gastronómico
Ademais do Menú Outono Gastronómico, inclúe durmir unha noite na casa rural que elixas e o almorzo do día seguinte.
Podes elixir entre a noite do venres ou a do sábado, e ir só ou acompañado.
Prezo do paquete Outono Gastronómico 2023:
- 1 persoa nun cuarto individual: 100€
- 2 persoas nun cuarto dobre: 160€
Fin de semana Outono Gastronómico
Amplía a túa experiencia durante a fin de semana, venres e sábado. Así poderás degustar dous menús gastronómicos, durmir dúas noites e almorzar ao día seguinte. Podes ir só ou acompañado.
Prezo do paquete de fin de semana Outono Gastronómico 2023:
- 1 persoa nun cuarto individual: 160€
- 2 persoas nun cuarto dobre: 250€
Fin de semana Familiar Outono Gastronómico
Comparte este plan de outono en Galicia con toda a familia durante a fin de semana.
Para os adultos, dous menús gastronómicos, e para os nenos de 14 anos ou menos, dous menús infantís; ademais de dúas noites na casa rural, o venres e o sábado, e o almorzo da fin de semana incluída.
Prezo do paquete de fin de semana familiar Outono Gastronómico 2023:
- 2 adultos con 1 neno ou nena nun cuarto dobre con cama supletoria: 300€
- 2 adultos con 2 nenos ou nenas en dous cuartos dobres: 340€
Outono Plus
Se queres engadir unha actividade de lecer a algunha das diferentes modalidades de Outono Gastronómico 2023 que acabas de ver arriba, debes consultar que casas de Turismo Rural de Galicia das que participan na iniciativa ofrecen esta opción.
Podes atopar un día de surf na Coruña, visitar a adega Abadía da Cova en Lugo, un roteiro en cabalo en Ourense ou visitar as termas de Prexigueiro en Pontevedra.
Prezo: as actividades teñen un custo adicional, que podes consultar en cada casa rural.
Que casas rurais de Galicia participan no Outono Gastronómico 2023?
Descarga aquí debaixo a guía do Outono Gastronómico 2023 e consulta a lista de casas de Turismo Rural de Galicia ofertadas por provincia, as modalidades posibles e os pratos do menú que poderás saborear en cada establecemento.
Tamén che deixamos, a continuación, a listaxe de casas rurais do Outono Gastronómico 2023, para que, dunha soa ollada, saibas que destinos podes elixir.
Casas rurais Outono Gastronómico 2023 na Coruña
Estas son as 24 casas rurais na Coruña do Outono Gastronómico 2023:
- Muíño das Cañotas, en Cariño
- Casa do Morcego, en Valdoviño
- Casa Arpón, en Malpica de Bergantiños
- Mar de Queo, en Carballo
- La Rectoral de Cines, en Oza-Cesuras
- Costa da Égoa, en Carral
- Casa Grande do Soxal, en Oza-Cesuras
- Casa das Fiadeiras de Nemiña, en Muxía
- Casa Castiñeira, en Muxía
- Casa Grande do Bachao, en Santiago de Compostela
- Muíño de Pena, en O Pino
- Casa Camino Real, en Melide
- Pazo Santa María, en Arzúa
- Casa Milia, en Arzúa
- Casa Perfeuto María, en Outes
- Pazo de Brandeso & Country Club, en Arzúa
- A Casa da Torre Branca, en Santiago de Compostela
- Casa Brandariz, en Arzúa
- Yoruba, en Ames
- Fogar de Selmo, en Rois
- Casa do Cruceiro, en Ames
- Casa do Zuleiro, en Outes
- Xanela da Lúa, en Carnota
- Parada de Francos, en Teo
Casas rurais en Lugo do Outono Gastronómico 2023
Na provincia de Lugo podes elixir entre 22 casas rurais que este ano participan no Outono Gastronómico con menús, durmida e actividades de lecer.
- Almacén, en Cervo
- Os Tres Teixos, en Foz
- Finca O Bizarro, en Trabada
- Casa Norita, en Lourenzá
- Longarela Casa Rural, en Castroverde
- Casa de Baixo, en Lugo
- Casa O Crego, en Cervantes
- A Fervenza, en O Corgo
- Pazo de Ludeiro, en Monterroso
- Santa Mariña, en Portomarín
- A Lareira, en As Nogais
- Casa Caxigueiro, en Sarria
- Casa das Triegas, en Folgoso do Courel
- Casa Caselo, en Folgoso do Courel
- Casa Ferreiro, en Folgoso do Courel
- Pazo do Piñeiro, en Chantada
- Casa Vilamor, en O Saviñao
- Rectoral de Castilón, en Pantón
- Casa dos Muros, en Pantón
- Ferrería de Rugando, en Quiroga
- Casa Grande de Rosende, en Sober
- Rectoral de Anllo, en Sober
Casas rurais de Ourense no Outono Gastronómico 2023
A oferta de casas de turismo rural de Ourense no Outono Gastronómico 2023 ascende a 17 establecementos. E son estes:
- Vila Centellas, en Coles
- La Rectoral de San Eusebio, en Coles
- Casa Grande de Cristosende, en A Teixeira
- Reitoral de Chandrexa, en Parada de Sil
- Eido das Estrelas, en A Veiga
- Casa Ramirás, en Ramirás
- Casa Rural Vilaboa, en Allariz
- Pousada Torre Lombarda, en Allariz
- Rectoral de Ansemil, en Celanova
- Casa Sabariz, en Rairiz de Veiga
- Aldea Couso S. L., en Sarreaus
- Casa do Mosteiro, en Xinzo de Limia
- Rectoral de Candás, en Rairiz de Veiga
- Aldea Rural Santo André, en Rairiz de Veiga
- Casa Baralló, en Lobios
- Retiro do Conde, en Monterrei
- Casa da Feira, en Lobios
Casas de turismo rural en Pontevedra do Outono Gastronómico 2023
O Outono Gastronómico 2023 en Pontevedra dáche a opción de escoller entre estas 16 casas de turismo rural, onde vas comer e durmir de luxo.
- Casa San Ginés, en Vila de Cruces
- A Casa da Botica, en A Estrada
- Torres de Moreda, en A Estrada
- Casa Grande de Fuentemayor, en Silleda
- A Pedreira, en Cuntis
- Torre do Río, en Caldas de Reis
- Casal dos Celenis, en Caldas de Reis
- Casal do Umia, en Cambados
- A Pastora, en Cambados
- Casal de Folgueiras, en Meis
- A Casa de Larache, en Vilaboa
- Casa Videira, en Bueu
- Lugar dos Devas, en Covelo
- A Cantaruxa Maruxa, en Mondariz
- Pazo da Escola, en Gondomar
- Rectoral de Areas, en Tui
Xa elixiches casa rural? Pois date présa porque voan.
Goza do Outono Gastronómico 2023 do 15 de setembro ao 17 de decembro.