Uno dos aspectos que fan que a nosa terra sexa única céntrase no ter unha influencia celta. Ese folclore contribuíu a lograr que o noso territorio sexa unha zona na que a maxia e a mitoloxía están moi presentes. Ese pouso cultural déixase ver no nome de neno en galego Brandán e noutros nominativos.

Orixe do nome de Brandán

O nome de Brandán é de orixe irlandesa. Concretamente, procede das lendas marítimas recompiladas no século X. Un deses relatos conecta directamente a un heroe chamado Brandán coa nosa terra.

Esa lenda expón que Brandán era o nome dun bispo de orixe irlandesa que alugou un barco no que tiñan que subir todos os seus fregueses. Esa embarcación introduciuse en altamar ata que desembarcaron nunha illa para resgardarse dunha gran tormenta. Pouco tempo despois, déronse conta de que esa illa era unha balea durmida que nadou ata as costas de Galicia.

Nestes momentos hai máis de 100 persoas que teñen o nome de Brandán e a inmensa maioría deles residen na nosa terra. As provincias de Ourense e Pontevedra son as zonas nas que viven moitos deles. No que respecta a a súa media de idade, é de 21 anos. Por tanto, estamos ante un nominativo que segue moi vixente e que actúa como reflexo da conexión entre o noso territorio e a cultura gaélica.

Significado do nome de Brandán

As significacións que se lle dan ao nome de Brandán están relacionadas co mito dos heroes irlandeses que cruzaron o Atlántico en embarcacións moi débiles. Segundo a mitoloxía desta zona céltica, o paraíso dos mortos atopábase nunha illa situada ao oeste. Todo iso provocou que hoxe en día o nome de Brandán estea asociado a trazos como a heroicidade, a curiosidade ou a procura de aventuras. Tamén é un nominativo relacionado coa navegación.

Onomástica do nome de Brandán

Brandán é un nome que está directamente relacionado co cristianismo. De feito, é unha figura venerada pola igrexa católica, pola igrexa ortodoxa e pola igrexa anglicana. A súa onomástica celébrase o día 16 de maio e está considerado como un dos Doce Apóstolos de Irlanda.

Ese grupo de discípulos estaba formado por un conxunto de monxes que estudaron no século V na Abadía de Clonard baixo a tutela de San Finnian de Clonard. Esta última figura tamén ten a consideración de santo por parte da igrexa católica.

Homes co nome de Brandán

O número de persoas que teñen o nome de Brandán é relativamente baixo e o mesmo ocorre coa súa media de idade. Eses factores evitan que a día de hoxe podamos atopar a moitas persoas famosas que se chaman así. Aínda que non se descarta que nun futuro cambie esta situación. En todo caso, temos a:

  • Brandán Márquez, corredor de BTT con multitude de premios.
  • Brandán Gómez, emprendedor dunha empresa biotecnolóxica de Santiago.
  • Brandán Cerviño Abeledo: realizador.

Como se escribe o nome de Brandán noutros idiomas

Este nominativo ten diferentes variantes que aparecen en linguas que son mundialmente recoñecidas. Estes son os casos máis destacados.

Idioma Tradución
Español Brendán, Brandano
Bretón Brandan, Brendan
Catalán Brandà
Francés Brendan
Inglés Brendan
Irlandés Brennain
Portugués Brandão