Comba é un nome en galego de muller que non pasa desapercibido pola súa forma, pola súa sonoridade e pola súa orixe.
Aspectos como a historia, a cultura ou a relixión teñen moito que ver na súa creación e na súa historia.
Trátase dun nome en galego moi orixinal. Tanto é así que só hai 20 mulleres en Galicia que se chaman Comba.
Entre as súas vantaxes está que é un nome curto, diferente e moi sonoro.
Orixe do nome de Comba
Nun principio pódese dicir que a orixe do nome de Comba está en Galicia.
En concreto, numerosas parroquias e lugares de Galicia reciben o nome de Santa Comba, co que por iso é polo que pasase a usarse como nome de muller.
Significado do nome de Comba
O nome de Comba ten un significado que é pomba. Pero aquí de novo aparece a tradición cristiá grazas á figura de Santa Columba de Sens, que foi unha mártir cristiá que defendeu a fe en Cristo durante o mandato do emperador Diocleciano, ata que no ano 273 sufriu unha serie de martirios.
O nome de Columba tivo varias variacións entre as que se atopa Comba que é a que predomina en Galicia. Ademais, a pomba tamén é un animal de referencia na cultura cristiá e hoxe en día tamén é considerado como un símbolo de paz.
Mulleres co nome de Comba
Entre as mulleres galegas que levan o nome de Comba, podemos atopar á actriz e dramaturga Comba Campoy.
Doutra banda, a nivel de lugares, temos o concello de Santa Comba, na Coruña. E as parroquias de Santa Comba en Agolada, Bande, Lobeira, Lugo, Carnota, Vilaboa, Maside ou Castro de Rei.
Como se escribe o nome de Comba noutros idiomas?
A versión castelá do nome de Comba xorde do seu significado, co cal, a tradución do nome de Comba á lingua española é Paloma.
Velaquí como se di o nome de Comba noutras linguas:
Idioma | Tradución |
---|---|
Bretón | Koulmig Koulm |
Catalán | Coloma |
Español | Columba Paloma Coloma |
Éuscaro | Uxoa Usoa |
Francés | Colombe |
Portugués | Comba Columba |