Ourense prepara cada ano en Nadal unha ampla e variada programación que enche as súas rúas de luz, adornos, mercados, música e actividades para todas as idades. En 2025, acenden as luces o venres 5 de decembro. Aquí tes a mellor guía para gozar do Nadal de Ourense 2025 - 2026.
Unha gran árbore, arcos luminosos e figuras de todo tipo adornan as rúas de Ourense en Nadal, nas que tamén podemos atopar un concorrido Mercado de Nadal, un Poboado de Nadal, "nevadas" ou carrozas musicais.
Os máis deportistas prepáranse para as carreiras de San Silvestre e Costiña de Canedo... e o máis optimistas confían en levar un bo pelisco coa Lotería de Nadal.
Cando se acenden as luces de Nadal 2025 – 2026 en Ourense

O pistoletazo de saída oficial ao Nadal de Ourense márcao o acendido das luces.
En 2025, será o venres 5 de decembro ás 20:00 horas na rúa do Progreso.
Os encargados de pulsar o botón de acendido das luces de Nadal 2025 -2026 serán membros da ONCE de Ourense.
E, a partir das 19:30 h, poderás gozar na Alameda dun concerto tributo a Joaquín Sabina.
Onde ver as luces de Nadal en Ourense

As luces de Nadal esténdense por gran parte do centro urbano ourensán e as súas rúas máis comerciais.
Se che apetece gozar en todo o seu esplendor das luces, aconsellámosche un paseo polas rúas Cardenal Quiroga e Celso Emilio Ferreiro para ver os luminosos arcos do Nadal. Na Praza Maior, un teito de luces coroa o lugar e en Bispo Cesáreo instálase a gran árbore do Nadal, de máis de 30 metros de altura.
Pola súa banda, os comercios de Ourense tamén se suman ao espírito do Nadal cos seus mellores galas, da man do Concurso de Escaparates de Nadal que organiza o Concello. Hai premio para os máis orixinais e tamén premio especial de reciclaxe.
Programa de Nadal 2025 - 2026 en Ourense
Luces, Mercado de Nadal, Poboado de Nadal, Tren de Nadal, carrusel, carrozas, música... Descarga aquí o programa completo de Nadal de Ourense 2025 - 2026 para non perder nada.
Mercado de Nadal 2025 – 2026 en Ourense
O principal Mercado de Nadal de Ourense instálase habitualmente no Parque de San Lázaro do 5 de decembro ao 7 de xaneiro.
Nel podes atopar unha variada selección de artesanía local, produtos do Nadal, agasallos e artigos gastronómicos.
Horario do Mercado de Nadal de Ourense
- Todos os días: 11:00 a 14:00 h e de 17:00 a 22:00 h.
- Días 17 de decembro e 4 xaneiro: 17:00 a 22:00 h.
Máis citas destacadas do Nadal en Ourense

Aquí tes un resumo doutras citas imprescindibles do Nadal 2025 - 2026 de Ourense.
- Poboado de Nadal en Bispo Cesáreo. Do 5 de decembro ao 6 de xaneiro.
- Belén Municipal de Arturo Baltar na Praza de San Cosme e San Damián.
- "Nevada" en diferentes puntos da cidade.
- Carrozas Musicais.
- Carrusel da Praza Maior.
- Tren Nadal Express. Saída na Praza Maior.
- Festa de Fin de Ano, con Kubo Orquestra. Na rúa do Progreso, para dar a benvida ao 2026.
- Gran Concerto de Aninovo by Ruben Simeó.
- Carreira San Silvestre. Unha cita clásica para despedir o ano. Hai diferentes categorías por idades.
- Carreira da Costiña de Canedo. Data: xoves, 1 de xaneiro. Para comezar o ano en forma.
Axenda do Nadal 2025 - 2026 de Ourense
Música, teatro, humor... A axenda de Nadal 2025 - 2026 en Ourense ofrece opcións de lecer para todos os gustos e públicos.
Aquí tes algunhas das citas máis destacadas do Nadal 2025 - 2026 en Ourense:
- Sábado, 6 de decembro: Ángel Martín. Ás 19:30 h no Auditorio.
- Domingo, 7 de decembro: Banda de Gaitas Nova: "Dez". Ás 19:30 h no Auditorio.
- Venres, 19 de decembro: Carlos Núñez. Ás 20:30 h no Auditorio.
- Sábado, 20 de decembro: "Inventio". Ás 18:00 e ás 20:30 no Auditorio.
- Domingo, 28 de decembro: "La Granja de Zenón". Ás 16:00 h no Auditorio.
- Domingo, 28 de decembro: Revolution Tour (ABBA). Ás 20:00 h no Auditorio.
- Venres, 2 de xaneiro 2025: El Mago de Oz. Ás 18:00 no Auditorio.
- Domingo, 4 de xaneiro 2026: IX Galicia Magic Fest. Ás 20:00 h no Auditorio.
Nadal 2025 - 2026 en Ourense: Papá Noel e os Reis Magos
E, por suposto, non nos esquecemos das dúas visitas máis esperadas: Papá Noel e os Reis Magos.
Papá Noel, cos seus renos, chegará a Ourense o sábado 20 de decembro ás 19:00 h e irá dende o Parque de San Lázaro ata a Praza Maior. O domingo 21, luns 22 e martes 23 de decembro será recibido no Poboado de Nadal de 19:00 a 21:00 h. O martes 23 ten a axenda moi ocupada, xa que tamén estará no Auditorio con Pablo Méndez.
Os Reis Magos poñen o final ao Nadal, coa multitudinaria cabalgata do día 5 de xaneiro pola tarde que arrinca na estación do AVE e termina na Praza Maior. Lee aquí todos os detalles sobre a Cabalgata de Reis de Ourense 2025 - 2026.
Goza do Nadal 2025 – 2026 en Ourense. Bo Nadal!
Fonte imaxe cabeceira: Turismo de Ourense.
