Quen non sobreviviu na súa época de estudante cun bo estante cheo de conservas? É que cando vives fóra da casa, aforrar é tan importante como aprobar. Por iso, en R queremosche axudar a que gastes o xusto na túa conexión a internet este curso coa promo estudantes.

Ti elixes: 200 ou 600 megas

En R podes elixir varias opcións para conectar o teu piso. A máis apañada: 200 megas por 29€/mes durante 9 meses.

Se sodes varios a compartir, igual che interesa ter máis velocidade. Así que, por 4€ máis, sobes aos 600 megas.

Sen permanencia

Que quere dicir? Pois que, no verán, cando deixes o piso, tamén deixas internet. Só o pagas durante o curso. E se o ano que vén vas á mesma vivenda, suspendes internet en vacacións de forma gratuíta e reactívalo cando volvas.

Internet estudantes R 200 megas

Máis consellos para aforrar no teu piso de estudantes

Agora que xa sabes como aforrar na túa conexión a internet, aí van outros consellos de economía doméstica que xa lles oirías aos teus pais:

  • Enche o conxelador de tuppers da casa.
  • Busca aloxamento preto da uni e así te aforras o transporte.
  • Compaxina estudos e traballo.
  • Aproveita os descontos na compra e no teu lecer.
  • Comparte os gastos da túa plataforma de streaming preferida.
  • Chama aos teus por WhatsApp cando esteas conectado á wifi.

E isto é moi de pais: pórtate ben 😉.

Aforra con internet estudantes R e moito ánimo co curso.