Ola. Coa ponte de Semana Santa chega unha das mellores ocasións para facer uso do servizo internet comigo de R.
Como sabes, internet comigo permíteche desfrutar de datos gratis no teu móbil, para compartir entre os teus dispositivos, cando o necesites. É como ter unha conexión wifi para o que necesites. E agora que en Semana Santa te vas de vacacións ou fas unha escapada duns días, necesitando máis datos do normal, que mellor ocasión para activar e beneficiarte deste servizo. Así poderás ver sen medo vídeos, mandar fotos aos teus amigos ou familiares, usar o navegador no móbil....
Xigas gratis
Os datos, como dicimos, son de balde por seres cliente de R. Ata o de agora estaba dispoñible para os clientes cun combo e internet, pero agora tamén o pode activar calquera cliente cun mambo con internet contratado.
É dicir, que se trata dunha vantaxe da que se van beneficiar moitísimos clientes.
Condicións
Os datosson por conta de facturación, non por liña. Aínda que se poden activar na liña da túa conta que ti queiras. E teralos gratis se cumpres con estas condicións:
- un bono gratuíto de 30 GB: se tes contratada unha tarifa móbil ou un combo/combo SEN/mambo con internet.
Dúas veces ao ano
Ademais, o bo é que contas con este bono dúas veces ao ano. Se non o usaches aínda, podes collelo cando queiras porque é gratuíto.
A única limitación é que só se pode usar durante 15 días. .
Datos adicionais
No caso de que o bono que che damos de xeito gratuíto se quede curto neses 15 días, poderás coller algún destes plans específicos:
- Plan de 2GB para 3 días: 5€
- Plan de 5GB para 15 días: 15€
- Plan de 10GB para 30 días: 25€
Dentro de España
É importante sinalar que estes datos son para usar só en territorio nacional, polo que non se poderán empregar en roaming, nin sequera na Unión Europea.
Ademais, para activar o servizo tes que ter activado o combo ou mambo. Se o tes suspendido, non o podes lanzar.
Lembra activalo cando o necesites. E con calquera dúbida ou suxestión, por aquí estamos
Un saúdo!