menú

COSMO estrea ’17 Minutos con Nora’

28/06/2021
Blog R

Con motivo da celebración do Día Internacional do Orgullo o luns 28 de xuño, COSMO presenta unha nova curtametraxe, ’17 Minutos con Nora’, para espertar conciencias abordando un tema de plena actualidade: os dereitos da comunidade LQTBIQ e, en concreto, os que lles afectan ás persoas trans.

Quen é Nora?

Nora e Luís son os protagonistas de ’17 Minutos con Nora’. A historia comeza con Nora camiñando cara á súa casa mentres trata de memorizar as frases dun diálogo para un papel nunha obra de teatro. Luís, o seu pai, traballa interminables horas nunha comisaría e non lle gusta que desperdicie o seu tempo co teatro. Ningún dos dous sabe que ambos están a piques de interpretar o papel máis importante das súas vidas porque nos próximos 17 minutos a relación entre ela e máis el cambiará para sempre.

O equipo

’17 Minutos con Nora’ está dirixido polo director Imanol Ruiz de Lara, que conta cun amplo palmarés de galardóns no cine publicitario, e protagonizado polo veterano actor Isak Férriz e o xove intérprete Álex Silleras.

Isak Férriz ten unha longa traxectoria tanto no cine como na televisión e está de plena actualidade polos seus papeis en ‘Gigantes’ e ‘Libertad’, de Enrique Urbizu, pero ao longo da súa prolífica carreira vímolo en multitude de papeis, como en ‘Bajo Cero’, ‘Black Sails’ ou ‘Cites’.

Álex Silleras é un actor novo que participou en numerosos proxectos feministas e queer e ao que vimos tamén na obra de teatro ‘Transformación’, no Centro Dramático Nacional.

A canción ‘Cromo y Platino’, da intérprete Soledad Vélez, é tamén una das protagonistas deste curto. A intérprete cedeu a súa canción para acompañar esta historia e poñer o seu gran de area neste proxecto de causa social.

Unha nova iniciativa solidaria de COSMO

É xa o cuarto ano en que COSMO elabora unha curtametraxe de causa social. ’17 Minutos con Nora’ son 17 minutos de plano secuencia dirixidos a visibilizar os dereitos fundamentais de persoas que aínda hoxe sofren desigualdade anacrónica e sistemática na nosa sociedade e que non perseguen ningún privilexio, senón simplemente ser tratadas con igualdade. Porque Nora é unha moza que, por encima de todo, desexa que o seu pai a acepte tal e como é.

Non perdas a estrea de ’17 Minutos con Nora’ na televisión R. Desfruta da súa estrea o luns 28 ás 22:30 h en COSMO. Tamén podes vela gratis en rebobina tras a súa emisión.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.