menú

Os mellores contidos de Netflix para agosto

06/08/2021
Blog R

Na televisión R gústanos gozar do verán ao grande e para este mes de agosto propoñémosche acción, vinganza, investigación, romance, amizade… Descubre os mellores contidos que podes atopar en Netflix este verán.

‘Sky Rojo’

Romperon a roda, pero a fuxida continúa. Desesperadas por ser libres, pero tentadas pola vinganza, Coral, Wendy e Gina seguen loitando contra uns perseguidores que empezan a enfrontarse entre eles. Xa está dispoñible en Netflix a segunda tempada de ‘Sky Rojo’.

‘Valeria’

Valeria debe enfrontarse a unha decisión que podería marcar o seu futuro como escritora: esconderse tras un pseudónimo e vivir finalmente da súa profesión ou renunciar á publicación da súa novela e seguir espremendo o inesgotable mundo dos contratos lixo. A súa vida sentimental non é moito máis estable… Menos mal que sempre pode contar con Lola, Carmen e Nerea. Non perdas esta segunda rolda de amores e dramas de Valeria e as súas amigas. Estrea en Netflix o venres 13 de agosto.

‘Sweet Girl’

Jason Momoa interpreta a un marido que xura vingarse dos responsables da morte da súa muller mentres protexe a única familia que lle queda: a súa filla.

‘El reino’

O televanxelista Emilio convértese no principal candidato presidencial despois do asasinato do seu compañeiro de fórmula. A investigación lanzará os seus partidarios, a igrexa e a súa familia ao caos, culminando coa revelación de que Emilio foi a vítima prevista dende o principio. A medida que o fiscal Candia comeza a despegar as capas de corrupción e delitos financeiros cometidos baixo o liderado de Emilio, todos na Igrexa se converten en sospeitosos.

Ademais, avanzámosche grandes noticias para setembro, coa chegada da parte 5 de ‘La Casa de papel’ e a terceira tempada de ‘Sex Education’. Seguiremos informando 🙂

Que che parece o plan de agosto con Netflix? Lembra que podes acceder directamente co deco 4K da túa televisión R. É tan fácil como pulsar un botón.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

2 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.
  1. Luis di:

    Que pasa co canal BARCA TV que leva dous dias sin verse. O vades quitar ou so avería temporal