menú

‘Aprende Historia’ en rebobina

30/03/2020
Blog R

Que che parece se aprendemos un pouco de Historia dende a nosa casa? A televisión R e a canle Historia prepararon un especial ‘Aprende Historia’ que inclúe unha selección de máis de 25 series e documentais históricos. Está dispoñible gratuitamente en rebobina dende o mércores 25 de marzo e completarémolo cun segundo lote de contidos o xoves 9 de abril.

Para aprender, estudar, entreter

O especial está deseñado para todos os públicos que estes días están na casa atendendo as recomendacións sanitarias ante a situación excepcional que vivimos, e especialmente para os estudantes, que non poden ir aos seus centros educativos.


‘Aprende Historia’ ofrécenos a posibilidade de aprender historia dunha forma entretida cunha selección de series e documentais educativos sobre sete temas: Prehistoria, Civilizacións, Historia Clásica, Primeira e Segunda Guerra Mundial, Historia de España e Misterios.

Dos cabaleiros templarios á democracia

Entre os títulos da primeira entrega, en marzo, atópase ‘Territorio Templario‘, a serie que nos leva por fortalezas, castelos, igrexas e tumbas do levantino Maestrazgo que amosan a historia templaria a través de recreacións que evocan os acontecementos ocorridos hai 900 anos; ou a serie documental ’40 años de democracia’, que da man do xornalista e sociólogo Manuel Campo Vidal recolle os testemuños dos protagonistas deste período fundamental na historia de España, descubrindo personaxes e lugares esenciais na recuperación democrática.

Volta arredor do mundo, Exipto e IGM

A segunda entrega, dispoñible a partir do 9 de abril, presenta ‘La Primera Vuelta al Mundo’, que narra a rápida e descoñecida historia da primeira volta ao mundo; ‘El misterio de las pirámides’, a serie que trata de descifrar os misterios da construción das pirámides e recrear o Exipto de hai máis de cinco mil anos a través de infografías, imaxes de satélite e imaxes aéreas de última xeración; ou ‘IGM: La primera guerra moderna‘, que mostra como a Primeira Guerra Mundial cambiou para sempre o aspecto das batallas, encamiñándose ao uso de armas tecnolóxicas que aínda están presentes hoxe nas guerras.


En maio, incorporamos novos contidos no noso especial ‘Aprende Historia’. Queres coñecer a conexión entre piratas e templarios ou descubrir quen foi os últimos Espartanos que se enfrontaron ao todopoderoso exército persa na famosa Batalla das Termópilas?

Lembra, o mellor plan, #EuMeQuedoNaCasa aprendendo historia coa televisión R.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

19 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.
  1. Avatar Lorena di:

    Hola, tengo q estar aislada habitación prescripcion medica soy cliente R, no tengo tv habitación pero.si una tablet, como podria poner los canaled de R en la tablet??

    • blog R blog R di:

      Hola, Lorena.

      Para poder disfrutar del servicio de TV a través de la tablet es necesario que instales la aplicación “TV Comigo New”. Una vez dentro tienes que logarte con los datos del titular del servicio y ya puedes disfrutar de los contenidos.

      La aplicación está disponible en la App Store de Ios y en Google Play Store para sistemas Android.

      Un saludo.

  2. Avatar Sonia di:

    Llevo casi 1 semana que no puedo ver los canales contratados (2 incidencias enviafas)

  3. Avatar JOSE LUIS di:

    Muchas gracias me parece una excelente idea.

  4. Avatar isabel di:

    Quiero acceder a este canal pero no sé cómo debo hacerlo. Me pueden explicar pf?
    Gracias.

  5. Avatar Pepe di:

    Hola, agradezco la iniciativa y supongo que será progresivo, pero aún no puedo acceder al canal Historia ni tampoco en rebobina. Sabéis cuando se abrirá a todo el mundo. Gracias.

  6. Avatar Elizabeth Pabón Cardenas di:

    No tengo el programa aprende historia en rebobina ni en programación. ? Gracias por su respuesta.

  7. Avatar Francisco Javier Fernández Fernández di:

    Buenos días, he intentado acceder a través del rebobina y nada no f
    Está en abierto

  8. Avatar MllC di:

    Hola hoy es 1 de abril 2020 y no puedo ver canal historia de manera gratuita. Y no se,porque. Gracias