Os/as veciños/as de Viveiro xa dispoñen da nosa ultrarrápida rede de fibra. Agora, nesta localidade da Galicia cantábrica pódese navegar a máis velocidade, con maior cobertura e seguridade e gozar das pelis e series favoritas en altísima calidade grazas a fibra MAX.
Queres coñecer máis vantaxes da fibra e das tarifas de móbil de R? Estás no lugar adecuado :)
Consultar cobertura de fibra en ViveiroCal é a mellor oferta de fibra en Viveiro?
En R aplicámonos a fondo para que nada entorpeza a túa pericia como gamer, para que goces da mellor cobertura e velocidade de internet e para que vexas en calidade 4K os teus contidos favoritos de plataformas como Netflix ou Prime Video.
Contámoscho con máis detalle:
E, doutra banda, sabes o que fai o sistema wifi 6 universal? Selecciona de forma intelixente a banda con mellor calidade en cada momento para que navegues sempre coas mesmas prestacións que se estiveses á beira do router.
Respecto á seguridade: usamos o protocolo sen fíos WPA3, o máis seguro do mercado.
Tamén poderás gozar do noso rebobina e descargar aplicacións, xa que conta con sistema operativo Android.
Contrata fibra e móbil en Viveiro
Aínda que en R somos moi de fibra, tamén pensamos no teu móbil. E para el temos unha tarifa de datos ilimitados con chamadas ilimitadas a fixos e a móbiles nacionais.
De todos os xeitos, se non necesitas tantos datos, tamén temos tarifas con 10 ou con 30 Gb.
Elixas a que elixas, terás cobertura 5G no teu móbil sempre que o teu terminal sexa compatible e alí onde xa teñamos completado a despregadura desta tecnoloxía.
Así que navegarás aínda máis rápido e as túas xestións serán máis cómodas ao reunir nunha única factura fibra e móbil.
Ver tarifas R en ViveiroComo contrato ou cambio a fibra en Viveiro?
Se xa es cliente/a chamarémoste en canto a rede fibra MAX de R estea dispoñible na túa zona para concertar cita e ir instalarche os novos equipos no teu domicilio. Sen trámites nin custos adicionais.
Aínda non te decidiches de todo? Consulta toda a información sobre fibra MAX na nosa web ou chámanos. Estamos á túa disposición para resolver todas as dúbidas que teñas.
Cobertura de fibra en Viveiro
Unhas 2.500 empresas e particulares de Viveiro xa aproveitan as vantaxes da nosa fibra óptica ata o fogar (FTTH).
E seguiremos sumando porque continuamos cos nosos traballos de mellora. Queremos consolidarnos como o operador con máis cobertura propia na túa localidade e chegar aínda a máis vivendas e negocios viveirenses.
Viveiro, mariñeiro e histórico
Viveiro é un concello costeiro da Mariña Lucense, localidade con máis de 900 anos de historia que conta con areais fantásticos, como o de Covas; miradoiros naturais panorámicos, como o da Insua; e bosques centenarios, como o Souto da Retorta.
Ao aproximarnos ao seu centro histórico podemos distinguir tres das antigas portas coas que contaba o antigo recinto amurallado: a Porta de Carlos V, a Porta "da Vila" e a Porta "do Valado". E as súas rúas acubillan unha rica arquitectura popular que inclúe casas con corredores, balconadas e galerías acristaladas que miran cara á ría.
Viveiro e as súas celebracións
Populares son tamén algunhas das súas celebracións, como a Semana Santa, declarada Festa de Interese Turístico Internacional, ou a tradicional Romaría do Naseiro.
Festas, lugares e monumentos que podes compartir co mundo aproveitando agora a mellor oferta de fibra do mercado, a de R.
Imaxe centro histórico Viveiro: Concello de Viveiro.