En Galicia temos praia, montaña, illas, portos, monumentos, artesanía, festas, marisco, viño... Difícil acordarnos de todos os atractivos da nosa terra galega. E case tan difícil é contarvos todas as vantaxes da oferta de fibra e tarifas de móbil con xigas ilimitados de R.

Consultar cobertura de fibra en Galicia

A mellor oferta de fibra en Galicia

En R traballamos día tras día para levarche a mellor conexión de fibra alí onde esteas.

E xa chegamos a un feixe de lugares: Carballo, Narón, Arteixo, Vilagarcía, O Barco de Valdeorras, A Coruña, Lugo, Ourense... Estamos en case todos os municipios galegos e, dentro deles, en localidades máis pequenas. Non podemos citalas todas; quedaríanos unha listaxe moi grande que, ademais, medra continuamente. Porque non imos parar ata levar a nosa rede a todo recuncho galego que imaxines. Intentarémolo todo para que Galicia quede completamente cuberta coa nosa fibra, coa mellor fibra.

Vantaxes de contratar a fibra de R en Galicia

Estudas ou traballas? Navegas ou xogas? Sexa cal sexa a túa opción, a fibra de R farache a vida máis fácil. Toma nota:

Ata 10Gb de velocidade, e simétricos: coa mesma velocidade de subida que de baixada, a rede de R permite navegar ata catro veces máis rápido que as demais. Xa lles ofrecemos 1 Gb aos nosos clientes particulares pero o noso obxectivo é chegar aos 10 Gb.

Cobertura wifi ampla e segura: grazas á tecnoloxía wifi 6 universal que poñemos ao alcance dos nosos clientes, dá igual se estás pegado/a ao router ou no soto da túa casa, poderás gozar da conexión wifi máis segura e sen interferencias. É posible porque selecciona de forma intelixente a banda con mellor calidade en cada momento.

Despídete do lag e do retardo. Atopamos a solución para que teñas a mellor experiencia xogando en liña: estar conectados/as aos principais servidores de gaming.

Deco 4k. Converte a túa tele en Smart TV grazas ao noso decodificador Android 4K. Poderás descargar apps e acceder ás túas plataformas favoritas, como Netflix ou Prime Video, con só pulsar un botón. Que serie ou peli é a seguinte na túa listaxe?

Suma xigas ilimitados para o teu móbil

E se ademais contratas a túa tarifa de móbil con R e gozas de xigas ilimitados? Con tripla cobertura e tecnoloxía 5G, para que nunca che falte a conexión no momento que máis o precises.

Ademais, ao combinar todo na mesma factura consegues o mellor prezo e aforras cartos.

Ver ofertas de fibra + móbil en Galicia

Cambia ou contrata fibra e móbil en Galicia

Sinxelo e rápido. Se aínda non es cliente/a, só tes que chamarnos ou entrar na nosa web.

E se xa formas parte da familia R, chamámoste nós sen ningún custo. Concertamos hora e lugar e aí estaremos, cambiando o router e levándoche as tarxetas de móbil novas para que poidas estrear canto antes o teu flamante deco Android 4K e gozar dos teus contidos favoritos de plataformas como Netflix ou Prime Video.

Galicia, conectada á rede de fibra máis rápida do mercado

Moitos/as galegos/as xa gozamos da maior rede de fibra óptica ata o fogar (FTTH), á que lle sumamos a televisión 4K e podemos engadir datos ilimitados para o móbil.

En concreto, estes son os fogares e empresas que a día de hoxe xa contan con cobertura da nosa rede. Detallámosvolo por provincias:

A Coruña: máis de 680.000

Lugo: máis de 200.000

Ourense: por encima dos 215.000

Pontevedra: chegando aos 525.000

Galicia, terra de tradición e patrimonio mirando ao mar

Non podemos falar de Galicia sen falar de mar e de terra.

Porque Galicia non se entende sen as nosas praias, dende as Rías Baixas e as idílicas illas Cíes á Mariña de Lugo ou a súa archiconocida Praia das Catedrais, ou sen a costa escarpada da Costa da Morte e o seu emblemático Faro de Fisterra.

Nin sen eses portos aos que seguen chegando cada día os nosos pescadores e dos que saen eses peixes e mariscos que nos envexa medio mundo ;) Nin sen esa identidade galega tan vinculada á terra, ás raíces e ao mundo rural. A un interior repleto de prados, ríos, bosques e "verde".

Somos de romarías, queimadas e festas gastronómicas.

Coidamos dos nosos pobos e cidades. Neles temos tesouros patrimoniais como a Catedral e o centro histórico de Santiago, as murallas de Lugo ou a Torre de Hércules.

E sen deixar de ser fieis á nosa historia e á nosa identidade encaramos o futuro e a innovación e apuntámonos á tecnoloxía de rede máis punteira e á mellor conexión da internet do mercado: a fibra óptica simétrica de R.