
Fibra óptica en Ourense: a rede máis rápida de Galicia xa está na cidade das Burgas
As augas termais das Burgas son únicas en España. Como tamén o é a rede de fibra óptica máis moderna que hai agora en Galicia. Os veciños de Ourense teñen xa a oportunidade de contratar a mellor oferta de fibra e tarifas de móbil con R.
Como é a oferta de fibra óptica en Ourense?
Consegue velocidades simétricas de ata 10 xigas, cuadriplica a cobertura wifi cun novo router, inclúe deco Android 4K e instalámoscho gratis. Así é a fibra máis avanzada do mercado que agora podes gozar en Ourense grazas a R.
- Cobertura wifi máxima: pona a proba conectando á vez a túa tablet, móbil, consola, Smart TV… ata nos espazos máis afastados do router. E o resultado será o mesmo: cobertura e velocidade. Isto é o que permite a tecnoloxía wifi 6 universal do novo equipo que che instalaremos na casa sen custo, porque selecciona en cada momento a banda de frecuencia con mellor calidade.
- Acceso a internet máis rápido: esta nova rede de fibra xa está preparada para darche ata 10 Gb simétricos de velocidade, é dicir, a mesma velocidade de subida e de baixada. Esa é a vantaxe de despregar fibra óptica ata o fogar (FTTH), fronte a outras fibras.
- Televisión 4K: non fai falta que compres un televisor novo para conectalo a internet e poder descargar apps ou acceder directamente ás plataformas en streaming. A oferta de R inclúe a instalación gratis do deco Android 4K, que converte a túa tele en Smart TV.
E iso vénlle moi ben aos gamers da casa que xogan en liña. A rede máis moderna de Galicia conéctase aos servidores de gaming máis importantes e tamén a Twitch, para que mellorar a túa experiencia de xogo minimizando o retardo.
Suma á túa oferta de fibra unha tarifa de móbil
Para a túa comodidade e por prestacións, se combinas a túa oferta de fibra cunha ou varias tarifas de móbil de R terás todos os teus servizos unificados nun mesmo sitio.
Ademais, terás xigas ilimitados e a cobertura mellorada da rede de R, con máis antenas para chegar a todos os recunchos de Galicia e con tecnoloxía 5G para fales e navegues a máis velocidade.
Como podes empezar a gozar de fibra e móbil en Ourense?
Pásate a R e contrata directamente esta fibra coas mellores prestacións que hai agora mesmo no mercado. Ademais das vantaxes que che contamos, na web mundo-r.com/fibramax tes todos os detalles.
Aos que xa sodes clientes de R en Ourense, non teredes que facer nada. Xa estamos a chamar para que o instalador vaia á vosa casa ou negocio a poñervos os novos equipos, o router e o deco 4K, sen ningún tipo de custo, gratis. Se queres que che prioricemos cando cheguemos á túa zona, déixanos os teus datos na web de fibra MAX.
Cal é a cobertura de fibra óptica en Ourense?
Agora mesmo xa está despregada a fibra óptica máis avanzada en preto de 33.000 fogares e empresas de Ourense. E seguimos sumando cada semana máis domicilios para que goces da fibra ata o fogar (FTTH) de R.
Que é a que nos permite darche servizos Internet de alta velocidade, moi superiores que o ADSL, por exemplo, ou outras fibras menos modernas.
E que, como ves, xa podes gozar en Ourense.
A capital termal de Galicia navega a máis velocidade
Quen nunca estivo en Ourense, queda pasmado literalmente coa experiencia de bañarse en pozas cuxa auga está a máis de 30 graos, aínda que fose chova ou trone.
As termas fan única á cidade bañada polo río Miño, que chama a atención polas espectaculares pontes que o atravesan.
Pero tamén a súa zona de viños, onde non comer un polbo é imperdoable, a Catedral de San Martiño e como non, tocar á auga termal da fonte monumental da Burga de Abaixo e a Burga de Arriba.
Hai un Ourense tradicional, que fai gala dos seus magostos e entroido, e un Ourense moderno, que dá un salto tecnolóxico cos servizos máis avanzados da internet por fibra óptica.
Unha rede de R que moi pronto chegará a todas as localidades de Galicia.
Imaxe de: Turismo de Ourense.
5 comentarios
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.
Cuando está previsto implantar esta fibra en el Salnes y más en concreto en O Grove?
Hola, Xurxo.
No te podría indicar una fecha concreta, el cambio a Fibra Max se está haciendo de forma gradual y en cuanto la nueva red está lista en la zona contactamos con cada cliente para llevar a cabo el cambio.
Si estás interesado en ser de los primeros en disponer del servicio cuando esté lista la nueva red en tu zona, puedes apuntarte en la web http://i.r.gal/5cg
Un saludo.
No entiendo nada.
El técnico me hizo toda la instalación de Fibra MAX y me dijo que ahora todo
iría a través del router y usando únicamente el cable de fibra óptica.
Me comentó que el antiguo cajetín de R quedaba de adorno, básicamente para tapar el agujero en la pared.
Hasta ahí todo bién.
Mi duda es porque el decodificador 4k de la tele sigue necesitando el coaxial conectado para
poder ver los canales. Ese coaxial que sale de la caja que está de “adorno”.
Si quito el coaxial me salen problemas de señal y no se vé nada.
¿Hay algo que quedó mal configurado o es que todavía sigue haciendo falta ese coaxial para la tele?
Añado que el cable de internet (el que se usa para revovina y apps en general)
sigue siendo el mismo y está conectado al puerto LAN del router.
En fin. Yo en el router no veo ninguna salida que ponga TV así que supongo que seguirá haciendo falta el coaxial en el deco.
Alguien me puede aclarar?
Gracias.
Hola, Javier.
Para poder revisar lo que comentas te recomiendo contactar directamente con los compañeros de soporte técnico en el número gratuito 1449 opción 3. Puedes llamarnos en cualquier momento.
Un saludo.
Gracias. Llamaré el lunes, supongo que no es demasiado urgente. La televisión la sigo viendo.
Lo único que tenía esa duda ya que el técnico me dijo que la señal de la televisión mejoraba bastante con la fibra. En fin, aguantaré la duda hasta el lunes. Feliz finde!