menú
fibra_optica_barco_valdeorras

Fibra óptica no Barco de Valdeorras: cobertura e como contratar

09/09/2022
Blog R

O Barco de Valdeorras é coñecido polas súas explotacións de lousa, o seu viño con denominación de orixe Valdeorras e o seu cultivo de pataca. Grazas á mellor oferta de fibra e tarifas de móbil con xigas ilimitados de R, agora tamén destaca pola súa conexión de alta velocidade.

 

Elixe a oferta de fibra óptica máis completa do Barco

As patacas son suculentas, mais non nos valen como motor de alta velocidade da internet. Pero aquí estamos en R para ofrecerche a máis moderna tecnoloxía wifi 6 cun router de 16 antenas e o protocolo de seguridade máis completo do mercado. Que significa isto?
Navega sen preocupacións: con 1 Gb de velocidade que xa levamos ata os fogares particulares e os ata 10 Gb simétricos de velocidade que chegarán no futuro e cos que poderás viaxar a calquera parte dende o teu computador.
Xoga en liña sen retardo: coa nosa tecnoloxía lag-free poderás xogar nunha verdadeira contorna competitiva ao máis alto nivel de rendemento.
Fibra e a mellor tele: e coa nosa fibra ofrecémosche o deco Android 4K, un soporte máxico para transformar calquera pantalla, por antiga que sexa, no soporte para gozar as mellores series e películas e acceder a plataformas como Netflix ou Prime Video con só pulsar un botón.

Engade xigas ilimitados á túa oferta de fibra

Por que conformarte co mellor viño, a mellor pataca e a mellor fibra cando podes ter tamén a mellor tarifa de datos móbiles con xigas ilimitados e cobertura 5G? Engádeos á túa oferta de fibra, porque telo todo na mesma factura é máis barato e máis sinxelo.

 

Cambia ou contrata fibra e móbil no Barco de Valdeorras

Se aínda non estás en R, chámanos ou entra na nosa web. Non só terás a mellor fibra: tamén nos poñeremos á túa disposición para cambiarche os routers coa mínima molestia e no menor tempo posible.

Se xa es cliente, nin sequera terás que levantar o teléfono, pois en canto esta oferta estea dispoñible na túa zona nós mesmos chamarémoste.

Cobertura de fibra óptica en O Barco de Valdeorras

No Barco estamos a traballar a marchas forzadas para que canto antes todo o municipio poida gozar da mellor rede de fibra ata o fogar (FTTH). Por agora alcanzamos os 8.000 fogares e empresas, que serán aínda máis cando terminemos as tarefas de mellora nas que seguimos inmersos.

O Barco de Valdeorras, que ninguén sabe de onde vén pero si onde vai

O Barco está situado no val do río Sil, rodeado polas montañas do Courel.

Quizais che soen algunhas das disparatadas teorías acerca da toponimia do Barco, que apuntan dende os celtas ata os romanos. Iso si, non hai dúbidas sobre a súa riqueza paisaxística e patrimonial.

Posúe un patrimonio monumental a medio camiño entre as barriadas da meseta e o porte rochoso do caldeirado galego. Mostra deles son a igrexa de San Miguel de Xagoaza, templo románico do século XII e en cuxo mosteiro anexo elaboran unha das mellores augardentes da rexión, segundo os/as fregueses/as; e as rúas de cores terrosos e arxila do seu centro monumental.

Se te afastas un pouco, tamén poderás chegar ata a fortaleza do Castro, un caso moi particular no que o vello castro converteuse en castelo.

Porta de Galicia a Castela e irmá do Bierzo, O Barco xa goza da flamante fibra MAX de R, a rede máis rápida e moderna do mercado.

Imaxe de: Concello de O Barco de Valdeorras.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

*

0 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.