menú
Fibra óptica en Carballo: velocidades y cómo contratar

Fibra óptica en Carballo: velocidades e como contratar

26/07/2022
Blog R

Carballo é a capital da comarca de Bergantiños. Conta cunha grande actividade cultural e con moito dinamismo económico e social. Agora tamén é das mellor conectadas grazas á mellor oferta de fibra e tarifas de móbil de R.

 

A fibra máis completa de Carballo

Non vos imos mentir: hoxe en día, case todas as fibras son boas, pero só unha é a mellor; e é a nosa. Máis rápida, máis segura e con mellor cobertura, ademais de que estamos conectados aos mellores servidores de gaming. A que soa ben?

Ata 10 Gb simétricos: a rede de fibra óptica de R é catro veces máis rápida que a competencia. Está preparada para dar no futuro velocidades de 10 Gb. Ademais, ao ser simétrica, tanto a súa subida como a súa baixada alcanzan o máximo valor de velocidade para acelerar a túa interacción coa rede.
Máxima calidade de wifi en todas partes: a nosa tecnoloxía wifi 6 permíteche conectar tantos dispositivos como queiras e á distancia que che dea a gana sen perder calidade. Ollo, sé realista: non podes levar o teléfono ao Kilimanjaro e esperar que chegue o wifi. Pero se vives o bastante preto igual chégache ata o Neme.
Máxima seguridade para a túa wifi: a nosa tecnoloxía wifi 6 non só é a que ofrece maior cobertura, senón que os nosos protocolos de seguridade son os máis avanzados para conseguir que goces na internet sen poñer en risco as túas claves ou os teus datos.
Xoga en liña sen atraso: todos sufrimos algunha demora mentres xogabamos en rede, pero coa nosa fibra óptica non che volverá ocorrer. Estamos conectados aos mellores servidores de gaming para que cousas como o lag sexan só un recordo afastado.
E se es máis de sofá e flocos de millo gozarás do mellor Netflix and chill co noso deco Android 4K capaz de converter calquera televisión nunha Smart TV de última xeración con acceso a todas as plataformas de vídeo e ao mellor contido.

Engade xigas ilimitados á túa oferta de fibra

Agora, e por un tempo limitado, coa seguinte mellora técnica (porque si, nunca deixamos de traballar en mellorar o noso servizo), podes sumarlle á túa oferta de fibra a mellor tarifa de datos con xigas ilimitados e cobertura 5G. Así aseguraraste de ter o mellor prezo.

 

Cambia ou contrata fibra e móbil en Carballo

Con só unha chamada ou entrando na nosa web podes ter acceso á rede de fibra máis moderna de Galicia. E, se xa es cliente noso, nin sequera tes que facer isto, porque en canto teñas dispoñibilidade na túa zona nós mesmos te chamaremos para concertar unha cita.
En calquera caso, unha vez esteamos en contacto pasaremos pola túa casa, conectaremos o teu novo e flamante router con agarimo e amor, darémosche as novas SIM se é necesario e, antes de que poidas procesalo, estarás a flotar no Metaverso. Ou non, pero cunha calidade da internet excepcional.

Cobertura de fibra óptica en Carballo

En Carballo podes facer uso xa da maior rede de fibra óptica para darche servizos da internet de alta velocidade con conexión simétrica. Tamén che daremos televisión 4K e o noso sistema de fibra ata o fogar (FITH) que chega xa a unhas 10.000 vivendas e negocios, aínda que pronto serán moitos máis.

Carballo, a vila ancestral

O carballo que lle dá nome a esta cidade é unha árbore chea de simbolismo e maxia. Considerada sagrada pola maioría de relixións pagás, parte do éxito da conversión cristiá foi a construción das primeiras igrexas á beira destas árbores.
Igual que os carballos, Carballo estende as súas raíces moi profundas no terreo, con restos paleolíticos entre os que destaca o dolmen de Pedra Moura, indicios de presenza celta e algún que outro resto romano, como a ponte de Lubiáns. A súa sona esténdese tamén ao longo da Historia polas súas augas curativas dos Baños vellos, foron usadas dende hai séculos ata hoxe en día.
E hoxe en día… Carballo modernízase case tan rápido e tan ben como a fibra óptica de R.

Imaxe de: Turismo de Carballo

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

*

0 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.