Un total de 193 inmobles dos núcleos das Gruncheiras e da Magdalena, no concello pontevedrés de Cangas do Morrazo, xa poden dispoñer de accesos a internet de ata 500 megas simétricos e do resto de servizos avanzados de R.
500 megas
R vén de rematar arestora un treito dos traballos de despregadura de rede neste concello capital da bisbarra do Morrazo, aproveitando ao máximo as infraestruturas municipais dos novos núcleos incorporados. Coa recente conexión destes 193 novos inmobles a cifra de residencias particulares e empresas conectadas á rede de R achégase na actualidade a 8.436, tendo en conta todos os inmobles cangueses que o operador galego foi incorporando á súa infraestrutura dende hai máis de dúas décadas (á marxe do Plan Avanza).
No contexto do devandito plan do Ministerio a previsión fala de 898 inmobles máis a peche de 2021 repartidos nos núcleos de Boubeta, Castrillón, Carballa, O Cruceiro, Devesa, Verín, O Iglesario, Herbello, O Piñeiro e Gandón, co que Cangas comezaría 2022 con 9.334 inmobles (1.091 do Avanza e o resto de despregaduras a maiores do plan) preparados para recibir todos os servizos avanzados de telecomunicacións de R.
10 millóns de investimento e fondos europeos
Esta e outras actuacións de extensión de rede na provincia de Pontevedra forman parte dun dos tres proxectos do Plan PEBA-Avanza do Ministerio de Asuntos Económicos y Transformación Digital dos que R resultou adxudicataria en 2018 para despregar a tecnoloxía FTTH en 512 núcleos de Galicia que non dispuxesen de alta velocidade ata o momento (“zonas brancas”).
No desenvolvemento dos tres plans investiranse un total de 10M€, dos cales preto de 8M€ están sendo subvencionados polos fondos FEDER da Unión Europea. En concreto, esta última despregadura en Cangas do Morrazo, nos núcleos das Gruncheiras e da Magadalena, encádrase no proxecto destinado á extensión de redes de nova xeración en 162 núcleos do centro-oeste de Galicia (norte de Pontevedra, sur da Coruña e oeste de Lugo). O investimento total neste caso é de 3,58M€, 2,86 deles subvencionados polos fondos FEDER da Unión Europea.
Un segundo proxecto fala igualmente da despregadura de banda ancha de nova xeración con tecnoloxía FTTH, desta volta en 196 núcleos de municipios do suroeste de Galicia (Pontevedra). Os traballos nestas zonas suporán un investimento total de 3,75M€, cunha subvención dos fondos FEDER de máis de 3M€.
O terceiro dos proxectos adxudicados desenvólvese en 154 núcleos de municipios do noroeste de Galicia (A Coruña, norte de Pontevedra e oeste de Lugo). Para estas actuacións, cun investimento total de 2,6M€ destínase unha axuda dos fondos FEDER de 2,09M€.
65.000 fogares e negocios conectados a peche de 2021
Arredor de 32.000 novos fogares e negocios de Galicia quedarán conectados ás redes de nova xeración de R cando rematen as actuacións adxudicadas en 2018 ao operador galego polo Ministerio de Asuntos Económicos y Transformación Digital.
A estes traballos hai que lles unir as tarefas de extensión de redes avanzadas que R desenvolveu dende 2016 en virtude doutro concurso do Plan PEBA do Ministerio para achegarlles tamén a tecnoloxía FTTH a diferentes “zonas brancas” da xeografía galega; en concreto, para conectar 33.000 fogares e negocios, cuxos servizos están en fase de comercialización, ás redes de nova xeración de R.
Deste xeito, ao remate dos dous plans, preto de 65.000 novas residencias particulares e empresas quedarán preparadas para recibir os servizos avanzados de R.
A día de hoxe, só no marco do Plan Avanza, R ten chegado por vez primeira coas súas redes de nova xeración a Vilagarcía de Arousa e tamén a núcleos de poboación das catro provincias galegas que nunca dispuxeran de alta velocidade nos municipios do Rosal, Monterroso, Palas de Rei, Boqueixón, Porto do Son, Curtis, Cuntis, Meaño, Pobra de Trives, Petín, Barreiros, Lourenzá, Ortigueira, Cariño, Camariñas, Muros, Cerceda, Antas de Ulla, Moraña, Guitiriz, Tomiño, Abegondo, Ribadumia, Combarro, Muxía e Ponte Caldelas.
Todas estas localidades poden desfrutar de accesos ultrarrápidos a internet de 500 megas simétricos con velocidade garantida, do desco Android 4k da televisión dixital de R e de pura alta definición co servizo rebobina para ver a tele como e cando se queira.
Así mesmo, as/os clientas/es de R poden aforrar no seu plan de datos móbiles e conectarse de balde a arredor de 130.000 puntos da rede wificlientes R espallados pola xeografía galega. E todo isto, cunha atención ao/á cliente/a próxima, de calidade e sempre dende Galicia.
Imaxe de Concello de Cangas.