Culleredo ten moito que compartir: a riqueza botánica e marisqueira da ría do Burgo, os seus pazos e castros ou a privilexiada paisaxe do monte Xalo.
E agora pode facelo con máis velocidade e prestacións grazas á fibra óptica que chega ata o fogar e as tarifas de móbil con xigas ilimitados de R. Unha fantástica nova para os veciños e veciñas de Culleredo.
Consultar cobertura de fibra en CulleredoCobertura de fibra en Culleredo
Máis de 6.000 veciños/as de Culleredo gozan xa da nosa fibra óptica ata o fogar (FTTH) e da mellor conexión simétrica de internet.
Tras as tarefas de mellora que estamos a realizar, aínda serán moitos/as máis. O noso obxectivo é ser o operador con máis cobertura propia na túa localidade.
A mellor fibra en Culleredo: oferta e vantaxes
Queremos que navegues por internet máis rápido e seguro. Que ademais goces dos teus contidos favoritos de Netflix ou Prime Video coa mellor calidade de imaxe. E, se es gamer, que te esquezas dos retardos. A que soa ben? Contámosche máis detalles:
Ata 10Gb de velocidade da internet simétricos. A nosa fibra conta coa mesma velocidade de subida e de baixada e vai 4 veces máis rápida que outras fibras. Ademais, está preparada para alcanzar os 10 Gb. De momento, os nosos usuarios/as particulares xa gozan dun 1Gb.
Maior velocidade e cobertura. Sabemos que non sempre estás á beira do router. Esteas onde esteas, o noso sistema wifi 6 de 16 antenas permíteche navegar a pleno rendemento.
Máis seguridade. Grazas ao protocolo sen fíos máis seguro do mercado: WPA3. Porque a rapidez non está rifada coa seguridade.
Lag free. É dicir, sen retardos. Adeus aos problemas de latencia ou ping grazas á nosa conexión aos mellores servidores de gaming.
Deco Android 4K incluído. Para que convertas a túa pantalla nunha Smart TV con acceso ás mellores plataformas de streaming en 4K e descubras ata o último detalle das túas películas e series favoritas. Ademais, o noso deco ten control do directo, vídeo baixo demanda (rebobina) e sistema operativo Android para descargar aplicacións.
Engade xigas ilimitados no móbil á túa oferta de fibra
Leva o pack completo. Gana en comodidade reunindo todos os teus gastos nunha única factura e aforra un pouquiño de diñeiro cada mes.
Se contratas tamén o teu móbil con R terás a mellor tarifa de datos ilimitados, con chamadas ilimitadas a fixos e a móbiles nacionais. Outra vantaxe é que disporás de cobertura 5G alí onde esta tecnoloxía xa estea a funcionar e sempre que o teu móbil sexa compatible con ela.
Ver ofertas de fibra + móbil en CulleredoContrata ou cambia a fibra MAX de R
Aínda non es cliente/a de R? Chámanos ou contacta connosco a través da nosa web e descobre todas as vantaxes da nosa oferta de fibra e, se queres, tamén móbil.
Xa es cliente/a? Chamarémoste nós en canto a rede estea dispoñible na túa zona. Concertamos cita contigo e achegámonos ao teu domicilio para instalarche gratuitamente os nosos equipos.
Culleredo, da ría do Burgo ao Monte Xalo
Culleredo atópase situado ao sueste da cidade da Coruña.
Antigamente terra de templarios, hoxe é un enclave de referencia da área metropolitana herculina que coida tanto o seu dinamismo comercial como o seu encanto paisaxístico e patrimonial.
O paseo marítimo do Burgo, cos seus 3,5 quilómetros de lonxitude, é un concorrido lugar de paseo e encontro coa natureza, enmarcado dentro da Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo.
Culleredo destaca tamén pola súa cultura castrexa, cunha ducia de castros repartidos por toda a localidade, entre os que destaca o de Sésamo.
Un dos monumentos máis emblemáticos de Culleredo é a torre de Celas ou de Vinseira, unha antiga fortaleza defensiva que data do século XIV e está rodeada polo val de Veiga e o monte Xalo.
O Xalo é, precisamente, outro dos seus grandes tesouros. Un lugar único para realizar rutas de sendeirismo, practicar deportes de aventura e observar a fauna e flora típica da zona, entre a que destaca o piñeiro insigne ou de Monterrey. E non perdas as fantásticas vistas dende O Petón.
Riqueza natural, patrimonial e artística
Se queres descubrir a riqueza etnográfica da zona, da un paseo pola ruta de Rego das Xesteiras ou achégate a coñecer os muíños de Acea De Ama, testemuñas privilexiadas do esplendor económico que viviu a zona durante a Idade Media.
Edificios de grande importancia artística e histórica son tamén Vila Melania, a Reitoral de Celas ou os Pazos de Lembeye e Ferrer.
Culleredo suma agora á súa riqueza patrimonial e natural a rede de fibra máis moderna do mercado. Un pasiño máis para R levando a cada recuncho de Galicia a mellor conexión de internet.
Imaxe: Concello de Culleredo.