A nosa rede ultrarrápida de fibra óptica xa está dispoñible para os veciños de Bueu. Máis cobertura, máis seguridade e contidos en altísima calidade son algunhas das vantaxes que fibra MAX leva á península do Morrazo.
Consultar cobertura de fibra en BueuA mellor oferta de fibra en Bueu
Aplicámonos a fondo para que dispoñas da mellor fibra e poidas navegar, traballar ou xogar a pleno rendemento.
Estas son as vantaxes de fibra MAX de R:
Tarifas de móbil de R en Bueu
Contrata tamén o teu móbil con R e goza dunha tarifa de datos ilimitados que inclúe chamadas ilimitadas a fixos e a móbiles nacionais.
E todo iso coas vantaxes e funcionalidades da cobertura 5G. Alí onde xa teñamos completada a súa despregadura, poderás acceder automaticamente co teu móbil, sempre que sexa compatible.
Unha maneira rápida e cómoda de unificar facturas de fixo e móbil e aforrar un pouquiño.
Ver ofertas de fibra + móbil en BueuContrata ou cambia a fibra MAX de R en Bueu
Se xa es cliente/a, chamarémoste en canto a rede estea dispoñible na túa zona para instalarche os novos equipos. Así de fácil e sen ningún custo adicional para ti.
Aínda non es cliente/a? Tes toda a información sobre a oferta de fibra de R na nosa web. Se tes dúbidas, chámanos e axudarémosche a resolvelas.
Cobertura de fibra en Bueu
Máis de 3.000 empresas e particulares de Bueu xa están a aproveitar as vantaxes da nosa fibra óptica ata o fogar (FTTH). A nosa intención é consolidarnos como o operador con máis cobertura propia na túa localidade e chegar aínda a máis veciños/as, así que continuamos cos nosos traballos de mellora.
Bueu, esencia mariñeira e pesqueira
O concello de Bueu está situado no noroeste da Península do Morrazo. Bueu é terra de mar; conta cun importante porto pesqueiro e unha concorrida lonxa e mercado de abastos.
Para saber máis sobre o mundo da pesca, podes achegarte ao Museo Massó, situado nunha antiga conserveira.
E se che gusta gozar das praias, tes unha ampla oferta: dende a máis grande, Lapamán, a Lagos e Mourisca, ou a calas máis escondidas, como a de Reventóns, no pequeno pobo de Beluso. E, por suposto, as incribles praias da Illa de Ons, como Melide ou Area dos Cans. Aínda que para visitar esta illa, pertencente ao Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia, debes solicitar autorización.
Patrimonio natural e histórico en pleno Morrazo
Seguindo coa súa riqueza natural, sobresae a contorna de Cabo Udra, un grande observatorio de aves e árbores únicas, e no que se atopan os chozos de Chan de Esqueiros, antigos refuxios e unha das manifestacións máis primitivas das construcións no rural.
Doutra banda, son características de Bueu as súas fontes e lavadoiros, un total de 46; como a fonte de Laxes, construída no ano 1923, a de Sar ou a de Lagomansiño.
Na súa faceta máis etnográfica, merece atención a Festa do Millo Curvo, na que degustan produtos elaborados con esta variedade de millo de cor negra típica da zona.
E arestora, a esta localidade mariñeira chega fibra MAX de R, unha grande aliada para encarar o futuro aproveitando as vantaxes da rede de internet máis moderna do mercado.
Imaxe: Wikipedia.