Arteixo medrou de forma espectacular nos últimos anos. Pode presumir de contar cunha costa privilexiada, con praias como a de Barrañán, e agora tamén, de contar coa rede de fibra óptica máis avanzada do mercado.

Falámosche da rede de fibra simétrica de R. Se vives en Arteixo, non o dubides e pensa na mellor oferta de fibra e tarifas de móbil con xigas ilimitados grazas a R.

Consultar cobertura de fibra en Arteixo

Aposta pola fibra máis completa de Arteixo

Porque R ofrece ata catro veces máis velocidade que as demais, un protocolo seguro, chamadas ilimitadas… Dá que pensar, non si?

Navega máis rápido: a nova rede de R está preparada para ofrecer ata 10Gb simétricos, coa mesma baixada que subida. É dicir, está preparada para o futuro. Pero a día de hoxe xa ofrece conexións de 1 Gb de velocidade.

Cobertura wifi 6 e sistema de máxima seguridade: grazas ás 16 antenas do sistema wifi 6 obterás ata 4 veces máis cobertura de rede de alta velocidade, conseguindo usar internet dende calquera recuncho, por afastado que se atope.

Despídete do lag: A mellor experiencia gaming podes conseguila grazas á nosa conexión aos mellores servidores e ser o/a máis rápido/a de todos/as os/as xogadores/as.

Iso, sen falar do deco Android 4K para ver series e pelis en altísima definición e converter calquera televisor nunha flamante Smart TV con conexión a internet.

Xigas ilimitados na túa oferta

Se contratas tamén a túa tarifa de móbil con R terás, ademais, xigas ilimitados 5G con cobertura mellorada. E todo na mesma factura, aforrando papel e diñeiro a final de mes.

Ver ofertas de fibra + móbil en Arteixo

Contrata xa fibra e móbil en Arteixo

Xa sexas novo/a cliente/a ou leves toda a vida connosco, unirte á familia fibra Max é moi sinxelo. Só necesitas facernos unha chamadiña ou entrar na nosa web e, antes de que poidas dicir “que rápido”, estaremos a instalar o teu novo router para aforrarche calquera complicación.

Se es cliente, chamarémoste a medida que a mellor fibra estea dispoñible na túa zona para que non teñas nin que levantar o teléfono.

Cobertura de fibra óptica en Arteixo

Arteixo ten agora a maior rede de fibra óptica de alta velocidade con conexión simétrica, algo moi útil para ver vídeos en 4K co deco Android.

Para ser concretos, Arteixo conta xa cunhas 8.000 vivendas e negocios que poden aproveitar o noso sistema FTTH (Fibra Ata o Fogar).

A idea é seguir ampliando a cobertura de fibra para que máis habitantes de Arteixo conten coa mellor rede da internet.

Arteixo, sempre mirando cara adiante

Dende sempre, Arteixo foi un dos faros industriais de Galicia e unha das maiores fontes de avance nesta terra. Coa rede de fibra óptica ata o fogar, a localidade coruñesa da un paso máis na súa viaxe cara ao futuro.

Aínda que esta viaxe vén de lonxe. Arteixo xa existía antes de que os romanos cruzasen o río Limia, e xa por aquel entón o pobo dedicábase á industria. Polo menos, iso veñen dicir os restos arqueolóxicos que se atoparon. Tamén posúe interesantes castros, igrexas e santuarios, algunhas das festas máis bonitas de Galicia... e as súas praias. Namorarante areais como Barrañán, Valcobo ou Suevos.

Case tanto como a mellor fibra óptica do mercado, cortesía de R.

Imaxe de: Concello de Arteixo