Os amantes da música e a cultura galega teñen unha cita no Festival de Pardiñas 2024 de Guitiriz, do 2 ao 4 de agosto. Este ano celebran 45 edicións, así que non podes perder esta festa de interese turístico galego que organiza a Asociación Cultural Xermolos. Consulta aquí o cartel e o programa do Festival de Pardiñas 2024 para pasar unha fin de semana de festa en Guitiriz.
Programa do Festival de Pardiñas 2024
Pardiñas é unha feira e unha festa da música e da arte, e precisamente dous dos seus emblemas son a Mostra de Instrumentos de Música Tradicional e a Mostra de Artesanía.
Pero o Festival de Pardiñas 2024 de Guitiriz ten outros acenos de identidade, como os cantos de taberna e os concertos que animan cada noite o festival.
Para que teñas a man todas as actividades do programa do Festival de Pardiñas 2024, do venres 2 ao domingo 4 de agosto, deixámosche por aquí os horarios e actividades desta edición tan especial.
É que o certame cumpre este ano 45 edicións e celébrao ao grande con este cartel do Festival de Pardiñas 2024, deseñado polo grafitero de Lugo, Diego As.
Venres, 2 de agosto
- 19:00 h. Campo de fútbol Suso Cruz de Guitiriz: partido amigable de fútbol gaélico Liga Gallaecia.
- 19:30 h. Balneario de Guitiriz: previa aos cantos de taberna coa Escola de Música Tradicional de Xermolos.
- 20:30 h. Nas tabernas colaboradoras: Certame de Cantos de Taberna.
Sábado, 3 de agosto
- 11:30 h. Apertura da Mostra de Instrumentos de Música Tradicional.
- 13:00 h. Sesión vermú con Os Canallas, na Mostra de Instrumentos.
- 16:00 h. Aberto de billarda.
- 16:30 h. Apertura da Mostra de Artesanía.
- 17:00 h. Pregón a cargo de Antón Santamarina, na Mostra de Instrumentos.
- 18:30 h. Concerto do grupo Lembranzas do Tambre, na Mostra de Instrumentos.
- 19:00 h. Carreira popular dende a Casa de Cuesta de Pardiñas. Inscrición dende as 18:30 h.
- 20:30 h. Bloquinho de Xermolos.
- 21:30 h. 100 Voltas.
- 23:15 h. Septeto Naborí.
- 01:15 h. Aroze.
- 03:15 h. Pauliña.
Domingo, 4 de agosto
- 11:30 h. Apertura da Mostra de Artesanía e da Mostra de Instrumentos de Música Tradicional.
- 12:30 h. Obradoiro de Treboada con Oli Xiráldez, na Mostra de Instrumentos.
- 16:00 h. Igrexa de Pardiñas: proxección do documental Xorima, coa directora Sofía Naseiro.
- 16:45 h. Recital de poesía "Palestina", na Mostra de Artesanía.
- 17:00 h. Obradoiro de baile tradicional con Ruth Pérez, na Mostra de Instrumentos.
- 17:15 h. Encontro de Regueifa na Terra Chá, na Mostra de Artesanía.
- 17:45 h. Espectáculo infantil Circanelo, na Mostra de Artesanía.
- 18:00 h. Silvaredonda, na Mostra de Instrumentos.
- 19:30 h. Pregón a cargo de Iago Santalla e entrega de premios do Certame Terra Chá de Creación Infantil e Xuvenil.
- 20:30 h. Ailá.
- 22:00 h. Gwendal.
- 23:45 h. Kumpania Algazarra.
- 01:45 h. Loita Amada.
E o mellor de todo é que o acceso ao festival e a acampada é gratis.
Bota un ollo a este vídeo para descubrir toda a maxia do Festival de Pardiñas 2024:
Como chegar ao Festival de Pardiñas 2024? Podes ver a dirección onde se celebra a festa na parroquia de Lagostella de Guitiriz aquí debaixo.
E despois de Pardiñas, continúan os festivais en Galicia 2024.
Fonte imaxe de cabeceira: Cultura de Galicia