As festas de verán ou patronais enchen nos meses de verán todas as vilas e cidades galegas. Boiro, en pleno corazón do Barbanza, non ía ser menos. As festas de Boiro 2024 encherán a vila mariñeira de música e diversión para todos os públicos do 5 ao 10 de xullo de 2024.
O Concello de Boiro organizou este ano un cartel de festas onde a música será a protagonista indiscutible, cunha programación que vai dende as ansiadas verbenas con orquestras e sesións de DJ, ata cantos de taberna.
Programa das festas de Boiro 2024
As festas do verán de Boiro 2024 contan cunha programación na que todos os públicos poden participar e divertirse. Hai música e actos de todos os estilos e xéneros.
O programa inclúe actividades para os máis pequenos, como festivais infantís, así como actos culturais tradicionais como exhibicións de malla de centeo, baile galego ou sesións vermú. Este é o programa das festas de verán de Boiro 2024:
Venres, 5 de xullo
- 20:00 h.: O lanzamento de foguetes anunciará o inicio dos seis días de celebración.
- 20:30 h.: Pasarrúas coa charanga Mekánica Rolling Band.
- 22:00 h.: Na Praza do Concello, pregón homenaxe ao sector téxtil de Boiro.
- 23:00 h: Concerto de Lontreira na Praza do Centro Social.
- 23:00 h.: Na Praza do Concello, gran verbena coa orquestra Gran Parada.
- 23:00 h.: Cuarta edición do Remember Fest no Parque da Cachada coa actuación de Marcos Magán, Xacobo (Mínimo Eventos), Mario e Vicente One More Time.
Sábado, 6 de xullo
- 10:00 h.: Alborada a cargo dos grupos Os Pequenos do Barbanza e Caraveiros.
- 12:00 h.: Exhibición de malla de centeo e espectáculos de baile galego na Praza do Centro Social a cargo dos grupos Abrañeira, Aroña, Xilbarbeira e Lumieira.
- 22:00 h.: Verbena na Praza do Concello coa orquestra Origen.
- 23:00 h.: Concerto do grupo Dios Ke Te Crew na Praza do Centro Social.
- 23:30 h.: Na Praza do Concello, actuación de Alchemy Project, homenaxe a Dire Straits.
- 01.30 h.: Continuación da verbena coa segunda actuación da orquestra Origen na Praza do Concello.
Domingo, 7 de xullo
- 10:00 h.: Alborada a cargo do grupo Ar de Loureda.
- 12:00 h.: Actuacións de baile galego na Praza do Centro Social a cargo das agrupacións Abeloura e do grupo de baile Abanqueiro.
- 12:00 h.: Sesión vermú con Treboada Baixo Minho.
- 19:00 h.: Na Praza do Centro Social concerto de boleros co grupo Trobeiros da Ponte.
- 20:00 h.: O grupo A Misela ofrece un concerto na Praza do Centro Social.
- 22:00 h.: Espectáculo homenaxe a Rocío Jurado interpretado por Blanca Villa na Praza do Concello.
- 12:15 h.: Espectáculo de danza e de música acompañado dunha gran tirada de fogos artificiais na praia da Barraña.
- 01:00 h: Verbena a cargo da orquestra Suavecito.
Luns, 8 de xullo
- 10:00 h.: Alborada a cargo do grupo Arume.
- 12:00 h.: Cantos de taberna co grupo Os da Boina.
- 12:00 h.: No Parque da Cachada, día de peñas con eventos e probas.
- 12:30 h.: Festa infantil na parte alta do parque da Cachada con coidadores e atraccións inchables.
- 13:45 h.: Festa da auga na que se entregará o “Mangueirazo de honra”.
- 14:00 h.: Sesión vermú con Bruno Deejay.
- 15:30 h.: Comida de todas as peñas.
- 17:00 h.: Actuación dos DJs: Manu X, Rubén, Marcos Magán e SonIc.
- 22:00 h.: Concerto de Tradi con Nunca é Tarde na Praza do Centro Social.
- 22:00 h.: Verbena coas orquestras Charleston e Assia na Praza do Concello.
Martes, 9 de xullo
- 10:00 h: Alborada a cargo do grupo Arume.
- 12:00 h.: Espectáculo infantil na Praza do Centro Social titulado: “A maxia de Ian e Elisa”.
- 12:00 h.: Cantos de taberna co grupo Dorniña de Abanqueiro.
- 22:00 h.: Verbena e espectáculo musical coa orquestra Paris de Noia na Praza do Concello.
- 23:00 h.: Concerto de Anxo Araújo na Praza do Centro Social.
- 23:30 h.: Verbena na Praza do Concello coa orquestra Marbella.
- 01:00 h.: Segunda actuación da orquestra Paris de Noia na Praza do Concello.
- 02:00 h.: Segunda actuación da orquestra de Marbella.
Mércores, 10 de xullo
- 10:00 h.: Alborada a cargo do grupo Arume.
- 12:00 h.: Espectáculo infantil “Moco Moc” na Praza do Centro Social.
- 12:00 h.: Cantos de taberna coa actuación de Cantareiras Xoaniñas.
- 22:00 h.: Sesión DJ Matrek Show na Praza do Concello.
- 23:00 h.: Concerto da orquestra Bravú Xangai na Praza do Centro Social.
- 23:30 h.: Espectáculo homenaxe a Tina Turner con The Replicants Experience, na Praza do Concello.
- 01:30 h.: Peche da festa coa sesión DJ Matrek Show.
Actos relixiosos das festas de verán de Boiro 2024
Ademais de toda a música, dos concertos e das variadas actividades do programa, as festas de verán de Boiro 2024 tamén teñen a súa vertente relixiosa. Xa o di o refrán, “a Deus rogando e co mazo dando”.
Cada día da festa celebrarase unha misa solemne con procesión, neste caso na honra do Apóstolo Santiago, a Virxe do Carme, San Antonio e o Perpetuo Socorro. Estes momentos relixiosos destacan a devoción e a tradición arraigada na cultura boirense.
Boiro, vila mariñeira con historia
Se aproveitas o cartel das festas de Boiro 2024 para achegarte á vila mariñeira descubrirás todo o seu encanto.
As súas praias de area dourada e augas cristalinas son o lugar ideal para gozar do sol e do mar da ría de Arousa. Ademais, Boiro, en pleno corazón das Rías Baixas, conta cunha gran variedade de restaurantes e bares que ofrecen o mellor peixe e marisco que farán as delicias dos máis glotóns.
Se o que máis che atrae é a cultura e a historia, o primeiro que debes facer se visitas Boiro é percorrer as rúas e as prazas do centro urbano. Así descubrirás a Igrexa Parroquial de Santa Baia de Boiro, un claro exemplo do barroco rural de principios do século XVII no que destaca o campanario, inspirado na Torre do Reloxo da catedral compostelá; ou o Centro Arqueolóxico do Barbanza, que alberga unha parte importante dos restos recuperados nas escavacións arqueolóxicas da zona.
Recomendamos aos amantes da natureza que non se perdan o Paseo Fluvial do Río Breiro, unha nova senda peonil que une o casco urbano co paseo da Barraña, un espazo rodeado de numerosa vexetación, ademais dun peculiar lago.
Na desembocadura do río principal de Boiro, atópase un dos paraxes naturais máis fermosos e peculiares da zona, o Espazo Natural da Ría do Coroño. Un espazo natural cun espectacular piñeiral con mesas e grellas, niño de libros, parque multiaventuras, training box, circuíto saudable e centos de metros de pistas de atletismo.
Esta é só unha primeira ollada ás marabillas naturais e arquitectónicas de Boiro. Se a visitas, non dubides en informarte e poderás gozar non só das festas do verán, senón tamén de todo o encanto desta vila mariñeira en plena ría de Arousa.
Fonte imaxe de cabeceira: Concello de Boiro