Quecheparece
Festa do Banquete de Conxo 2025: programa, horarios…
O barrio compostelán de Conxo vístese de gala para celebrar a Festa do Banquete de Conxo 2025, do 23 ao 25 de maio. Unha parte importante da festa son os traxes de época. Poderemos admiralos na praza Aurelio Aguirre e na Carballeira do Banquete de Conxo, onde se realiza a representación teatral o domingo, día grande da festa; que continúa con comida popular foliada e romaría cos brindes da veciñanza.