10 OUTUBRO - A CORUÑA
R convídate a unha nova edición das súas Xornadas Tecnolóxicas, un lugar de encontro onde reflexionar sobre novas ideas, tendencias e valores das empresas galegas.
Vivimos unha era emocionante e transformadora na que as fronteiras entre o humano e o artificial se fusionan gradualmente. As xeracións futuras contarán cunha dualidade única: A integración das dúas intelixencias, a humana e máis a artificial.
Esta unión entre o biolóxico e o tecnolóxico non só redefine o que significa ser humano: tamén que tamén ofrece un potencial sen precedentes para abordarmos os desafíos do futuro.
Para iso contaremos con:
JOAQUÍN ALMUNIA
Exministro e exvicepresidente da Comisión Europea
Os conflitos bélicos, as numerosas consultas electorais, a inflación e a suba dos tipos de xuro en Europa e as eleccións dos EUA tradúcense en incerteza.
A xeopolítica está nun punto de inflexión. Atopámonos ante un mundo menos previsible e estes retos marcarán a axenda internacional.
ANDRÉS PEDREÑO
Catedrático de Economía aplicada e experto en IA. Membro do consello asesor de IA da AMTEGA
A potencia da utilidade da Intelixencia Artificial revolucionará todas as funcións empresariais ao automatizar tarefas, mellorar a experiencia do/a cliente/a e incrementar a produtividade. Os Estados Unidos destacan en condución autónoma e plataformas, China lidera na industria de consumidores, e Europa aposta pola regulación. A IA é unha ferramenta poderosa para mellorar as empresas e a sociedade e afrontar os grandes retos da humanidade.
09:15 | Recepción de asistentes |
09:30 | Benvida Alfredo Ramos · Director de R |
09:45 | Os cambios xeopolíticos e económicos que se aveciñan: impacto nas nosas organizacións Joaquín Almunia · Exministro e exvicepresidente da Comisión Europea |
10:40 | Conversan con Andrés Pedreño: Por que a IA é decisiva para o futuro das empresas? Andrés Pedreño · Catedrático de Economía aplicada y experto en IA. Miembro del consejo asesor de IA de la AMTEGA Francisco Huidobro · Director de Servizos Dixitais Grandes Empresas R |
11:30 | Premio de aleluIA |
11:45 | Cierre |
12:00 | Petisco para xerar sinerxías |
Cando: 10 de outubro de 2024
Onde: Árbore da Veira, Mirador de San Pedro, A Coruña
aforamento completo
Para cualquier dúbida das Xornadas, podes enviar un enderezo electrónico a [email protected]
_____________________________________________________________________________________