A era da Intelixencia Artificial chegou para quedar e, aos poucos, vaise asentando en moitos sectores.

Pola súa banda, o mundo financeiro sempre se caracterizou pola súa continua necesidade de renovación e de adaptación (a cambios, novas realidades e demandas sociais), e mesmo de anticiparse ao futuro. Neste contexto, é lóxico que as entidades financeiras vexan nas solucións de Intelixencia Artificial unha ferramenta fundamental para actualizar e optimizar as súas actividades sen perder de vista o esencial: a atención ao cliente.

No seu día a día, ao sector bancario tócalle xestionar o risco dos préstamos, o seu prezo, estimar o impacto dunha falta de pagamento e da propia relación co cliente, tarefas especialmente difíciles antes, durante e despois de cada crise e que nun contexto como o actual requiren especial atención. Ademais, é un sector moi marcado pola regulación e pola crecente complexidade e sofisticación das súas operacións.

Todo iso xera unha contorna na que a Intelixencia Artificial atopou un terreo moi fértil para demostrar a súa capacidade de xerar valor cando se teñen os datos adecuados. Y son moitas as vantaxes que a IA pode achegar ás entidades bancarias:

Concesión de créditos: sinxelamente, o que ten os mellores modelos é o que gaña, polo que as entidades utilizan a Intelixencia Artificial para predicir as previsións de perdas e ganancias. A IA permite construír modelos que estimen a probabilidade de falta de pagamento e a severidade das perdas dos préstamos solicitados, axustando o prezo en función do nivel de risco.

Xestión de liquidez: os servizos de Intelixencia Artificial permiten predicir o volume de solicitudes de novos préstamos, a velocidade de amortización anticipada e mesmo prognosticar as necesidades de efectivo de cada caixeiro e sucursal para os seguintes días ou semanas.

Loita contra o crime financeiro: os patróns elaborados usando solucións baseadas en Intelixencia Artificial permítenlles aos bancos detectar actividades sospeitosas con maior anticipación e precisión, o que evita un evidente impacto económico e tamén de reputación fronte aos clientes.

Marketing e experiencia de cliente: Os bancos necesitan coñecer cales dos seus potenciais clientes poden converterse nos máis beneficiosos e, por contra, cales son os máis susceptibles de causar baixa. Os servizos de Intelixencia Artificial permiten optimizar os datos que coñecemos dos nosos clientes e así podemos ofrecerlles unha atención máis personalizada e axustada ás súas necesidades concretas; en definitiva, fidelizar o cliente a partir dun trato próximo e personalizado. Porque os clientes esperan que os bancos saiban quen é, que necesitan e cando o necesitan. Grazas á gran información, a Intelixencia Artificial axuda a predicir as necesidades e a anticiparse ás necesidades futuras, tanto as dos clientes como as do conxunto do sector financeiro e tamén as da propia entidade.

inteligencia_artificial_banco

Mercados globais: os axentes bolsistas necesitan elixir a mellor alternativa para o “enrutamento” de operacións e a súa estratexia de execución, e atoparon nos modelos de trading algorítmico unha eficaz ferramenta para analizar cal é a opción que minimiza o impacto das súas operacións no mercado, sen esquecer os custos, axustándose ás normativas vixentes e, por suposto, sen descoidar a atención ao cliente.

O sector financeiro xa está a recoller as potencialidades das solucións de Intelixencia Artificial e introducíndoas en cada vez máis áreas da súa organización, pois son conscientes de que aqueles que perdan este tren mostraranse cada vez menos competitivos e mesmo poderían ser expulsados do mercado.

As catro fases da Intelixencia Artificial explicadas por BAI Analytics

En R somos coñecedores das moitas vantaxes que pode achegar a Intelixencia Artificial aplicada ás vosas empresas. O noso equipo especializado en Intelixencia Artificial, BAI Analytics, considera que existen catro fases específicas de madurez necesarias para que implantedes con éxito proxectos de Intelixencia Artificial: aceleración de solucións, produtividade dos científicos de datos, democratización da ciencia de datos e empresa impulsada pola Intelixencia Artificial.

Aplicado ao sector bancario, a aprendizaxe automática axúdalles aos bancos a desenvolver e implantar solucións de Intelixencia Artificial a maior velocidade e a dar resposta a unha maior cantidade e variedade de demandas. Progresivamente, as propias entidades bancarias aprenden a aproveitar os seus coñecementos e os datos integrados nas súas funcións e liñas de negocio ata converterse en auténticos expertos capaces de desenvolver estratexias para produtos, canles e experiencia do cliente arredor da Intelixencia Artificial.

Proponémosvos que botedes un vistazo ao caso de éxito Avant.

En R podemos axudarte a implantar con éxito servizos de Intelixencia Artificial na túa institución financeira, sexa cal sexa o seu tamaño ou o grao de madurez dos seus datos. Co apoio de BAI Analytics aumentarás a túa sofisticación en data e analytics de xeito que poderás aproveitar os teus datos e vantaxes competitivas para aumentar a eficiencia operativa e darlles un mellor servizo aos clientes.