A tecnoloxía 5G transforma a forma en que vivimos, traballamos e nos comunicamos. Queremos aclararvos como o fai da man de Pedro Herbello, xefe de produto telefonía en R empresas, e contarvos tamén as súas principais vantaxes e beneficios. Entre elas, velocidade, menor latencia ou maior seguridade.
Vantaxes da tecnoloxía 5G na empresa
A despregadura de redes móbiles privadas e o uso da rede móbil de maneira sinxela e segura mediante software son algunhas das grandes vantaxes que o 5G trae para as empresas.
Pedro explícao con máis detalle.
Características diferenciais do 5G
A primeira tecnoloxía que se lanzou ao mercado, a NSA (Non Stand Alone), ofrecía funcionalidades 5G sobre redes 4G. Na actualiade, R xa ofrece unha rede 5G con tecnoloxía SA (Stand Alone) e resultan evidentes as diferenzas. Significa o paso dunha rede móbil de persoas a unha rede de móbil de persoas e cousas.
Explícanolo Pedro.
Como a tecnoloxía 5G transforma os negocios
Pedro acláranos como o 5G pode mellorar as operacións comerciais; por exemplo, mediante a transmisión de datos en tempo real ou a xestión de contidos de maneira remota.
O 5G é o aliado perfecto para outras novas tecnoloxías, como IoT ou a Intelixencia Artificial. A súa maior fiabilidade facilita a recompilación de datos ou a automatización de procesos.
Se queres máis información sobre a rede 5G e as solucións tecnolóxicas para empresas de R, subscríbete ao noso boletín ou contacta co/coa teu/túa asesor/a persoal ou co noso equipo da área comercial empresas a través do seguinte formulario. E para estar ao día das últimas noticias síguenos en LinkedIn.