En R sabemos que as pemes vos enfrontades a retos e necesidades que debedes sortear para gañar eficiencia e competitividade.

peme MAX é a solución máis completa para que a vosa empresa estea sempre ON. Con peme MAX axudámosvos a evitar problemas de conectividade, a coidar a seguridade e a converter en realidade unha mobilidade que resulta indispensable nos nosos días.

Sobre todo iso fálanos Marcos Gandoy, de Go To Market R Empresas.

Retos para unha peme

Cales son os catro retos principais aos que se enfronta unha peme? Marcos fálanos deles: conectividade, seguridade, flexibilidade e mobilidade.

Conectividade

Como podemos axudarvos a mellorar a conectividade da vosa empresa? Son claves a estabilidade ou o control extremo a extremo da solución e, por suposto, contar cun bo respaldo. Para cando algo falla, a nosa peme MAX inclúe un sólido plan B. Marcos acláranolo.

Seguridade

Sabías que peme MAX tamén che axuda a mellorar a seguridade da túa empresa? Prioridade máxima, con licenzas de suite de vangarda no mercado, soporte experto e auditoría.

Explicámoscho con detalle.

Flexibilidade

Flexibilidade e capacidade de adaptación, coas necesidades e circunstancias do posto de traballo sempre presentes. Resultan claves para as empresas e en R axudámosvos a melloralas con peme MAX.

Mobilidade

A mobilidade, outro gran reto para as pemes. Cal é a achega de peme MAX? Á túa disposición, cobertura 5G, ferramentas colaborativas…

Se queres máis información sobre peme MAX ou calquera das nosas solucións tecnolóxicas para empresas, subscríbete ao noso boletín ou contacta co/coa teu/túa asesor/a persoal ou co noso equipo da área comercial empresas a través do seguinte formulario. E para estar ao día das últimas noticias síguenos en LinkedIn.