Cales son as principais tendencias tecnolóxicas e os retos derivados da dixitalización das vosas empresas? Hai ben pouquiño, entre o 13 e o 17 de febreiro, analizamos estas cuestións durante a "II Semana das TIC", organizada por R, que se desenvolveu de gratuíta e virtualmente, previa inscrición, a través da plataforma Teams de Microsoft.
En cada xornada unha empresa líder en tecnoloxía a nivel mundial ofreceu a súa visión estratéxica para axudarvos na toma de decisións e poder, desta maneira adiantarvos aos desafíos empresariais máis importantes do momento.
Foron cinco sesións de 30 minutos cada unha, con carácter participativo e exprés, nas que expertos das empresas Fortinet, Aruba, Microsoft, Red Hat e Commvault compartiron as principais tendencias TIC que marcan os novos tempos e puxeron sobre a mesa diferentes solucións para os retos derivados dos procesos de dixitalización das empresas.
Fortinet, a integración da seguridade do cloud co posto de traballo
A primeira das sesións correu a cargo de Fortinet e versou sobre a integración da seguridade do cloudco posto de traballo.
Cristian Bermejo Richart, Channel Account Manager de Fortinet, explicou como estender a seguridade dende o perímetro cara a LAN/WLAN e conseguir unha visibilidade global, de principio a fin, de todos os activos conectados.
Tamén esbozou como xestionar a postura de seguridade dos vosos endpoints dentro e fóra da organización e aplicar mecanismos de protección avanzada, mediante un sistema de detección e resposta a incidentes baseado en machine learning, ademais das opcións de seguridade dos servizos cloud.
Pulsa aquí se queres volver ver o vídeo da ponencia "Integración da seguridade do cloud co posto de traballo".
Aruba, presente e futuro da conectividade
A segunda sesión foi impartida por Iratxe Macías, Territory Account Manager de Aruba, quen reflexionou sobre o presente e o futuro da tecnoloxía e a conectividade nas empresas. Porque o presente e o futuro das empresas está agora máis condicionado que nunca pola axilidade para adoptar novas capacidades e procesos, apoiándose nunha correcta aposta tecnolóxica e nas posibilidades de resiliencia.
Pulsa aquí se queres volver ver o vídeo da ponencia "Presente e futuro da tecnoloxía e a conectividade nas empresas".
Microsoft, novas ferramentas na securización do posto de traballo
A terceira sesión correu a cargo de Manuel García González, Cloud Solution Architect Security de Microsoft, quen compartiu co auditorio información sobre as novas ferramentas na securización do posto de traballo de Microsoft. Na súa intervención relatou como obter a mellor seguridade de Microsoft 365 con administración avanzada de seguridade e de dispositivos.
Un paquete fácil de usar e rendible que vos axudará a protexer a vosa empresa contra as ciberameazas, incluídas o malware e o ransomware.
Pulsa aquí se queres volver ver o vídeo da ponencia "Novas ferramentas na securización do posto de traballo".
Red Hat, novo paradigma no desenvolvemento de aplicacións
A penúltima sesión, con Mario Mendoza Sánchez, Principal Solution Architect e Account Solution Architects Team Lead da empresa Red Hat, centrouse nos microservizos e no novo paradigma do desenvolvemento de aplicacións.
Oiriades falar da arquitectura de microservizos pero entendela e implementala pode ser un gran desafío.
Red Hat ofrece solucións probadas, eficaces e impulsadas pola comunidade para calquera etapa do proceso de adopción dos microservizos na que vos atopedes.
Pulsa aquí se queres volver ver o vídeo do relatorio "Microservizos: Novo paradigma do desenvolvemento de aplicacións".
Commvault, estratexia moderna para a xestión dos datos
A última das sesións foi impartida pola Senior Sales Engineer de Commvault Sandra Espinoza, que se centrou en abordar as claves dunha estratexia moderna na xestión dos datos.
A día de hoxe, o dato é o activo estratéxico con máis valor nas compañías. Neste contexto, unha aproximación moderna para a adopción da nube, sen esquecer a seguridade e a protección contra "malos actores", convértese en vital para calquera empresa, independentemente do sector no que desenvolva o seu negocio.
Pulsa aquí se queres volver ver o vídeo da ponencia "Estratexia moderna da xestión dos datos".
A través de actividades como esta "II Semana das Tendencias e Infraestruturas TIC", en R seguimos acompañándovos ás empresas nos vosos procesos de dixitalización para optimizar a competitividade en calquera escenario do mundo.
Para acompañarvos neste camiño, R teceu unha rede de alianzas coas principais empresas referentes no ámbito de cada actividade.
Coa intención de seguir a carón de vós neste percorrido, R teceu unha rede de alianzas coas principais empresas referentes de cada ámbido de actividade. Un camiño no que a colaboración é tan indispensable como gratificante. Grazas a este traballo conxunto, podemos ofrecervos un valor engadido coas solucións máis adecuadas e innovadoras e dar con produtos e servizos complementarios e diferenciais. O obxectivo é axuntar esforzos e ofrecervos as tecnoloxías máis avanzadas grazas ás alianzas que vos benefician e vos ofrecen a solución máis adaptada a cada caso.
Se queres saber máis sobre as nosas solucións tecnolóxicas para empresas, subscríbete ao noso boletín ou contacta co teu asesor persoal ou co noso equipo da área comercial empresas a través do seguinte formulario.