R convídate á Semana das Tendencias TIC 2026, que se desenvolverá do 9 ao 13 de marzo de 2026 en formato virtual.

Ao longo de cinco sesións, participativas e exprés, compañías líderes en tecnoloxía analizarán as principais tecnoloxías TIC que están a marcar os novos tempos e presentarannos solucións aos retos derivados dos procesos de transformación dixital das empresas.

Nesta nova edición da Semana das Tendencias TIC, as xornadas estarán dedicadas a Cloud, workplace, ciberseguridade, Busines Apps, Intelixencia Artificial e IoT (Internet das cousas).

PROGRAMA

Luns, 9 de marzo

KYNDRYL

Cloud e Digital Workplace: claves para escalar o negocio e impulsar a innovación

Nesta sesión, exploraremos como a evolución da nube está a impulsar novos modelos que transforman a maneira en que as organizacións conciben, operan e ofrecen os seus servizos dixitais, apoiándose en plataformas máis próximas, robustas e preparadas para a Intelixencia Artificial.

Martes, 10 de marzo

PALO ALTO

IA, Tiempo & Personas: un novo enfoque na Ciberseguridade

A velocidade dos ciberataques superou a capacidade de reacción humana. Nesta sesión exploraremos o impacto do factor Tempo e como a Intelixencia Artificial se converte no aliado imprescindible que axuda ás persoas a combater e neutralizar as novas ciberamenazas intelixentes.

Mércores, 11 de marzo

AVEPOINT

Do caos á claridade: Unha sesión estratéxica para unha nova era dos datos

A medida que os datos medran, esta sesión mostra como AvePoint Opus optimiza a xestión do ciclo de vida e o almacenamento para reducir custos, mellorar o rendemento e estender a vida útil da infraestrutura de almacenamento. Acompáñanos para ir máis aló das palabras de moda e centrarnos en estratexias reais e accionables.

Xoves, 12 de marzo

DEVOTEAM

IA Axéntica en Operacións de Rede: O caso de éxito de MasOrange con Gemini

Exploraremos como a Intelixencia Artificial transformou a xestión de incidencias en MasOrange. Presentaremos un sistema multi-axente baseado en Google Cloud e Gemini capaz de analizar o histórico de miles de tickets en minutos, permitindo aos equipos técnicos detectar patróns ocultos, automatizar a análise de causas raíz e pasar dunha operativa reactiva a unha resolución proactiva e inmediata.

Venres, 13 de marzo

ADMIRA

Ecosistemas intelixentes: tecnoloxía que transforma espazos e multiplica o ROI

  • Relator: Guillermo Grau, Head of partnerships and Relations

A experiencia de usuario xa non se limita ao contido visual, senón ao seu contexto, interacción e capacidade de adaptación. Descobre como a converxencia entre Dixital Signage e IoT, xestionada dende unha plataforma cloud, transforma espazos físicos en experiencias dixitais memorables e medibles.

separador puntos horizontal

Cando: 9 a 13 de marzo de 2026

Horario: 09:30 a 10:00

Formato: online

separador puntos horizontal

¿Gustaríache asistir?

Se estás interesado en asistir, inscríbete aquí.