Flexibilidade, comodidade, axilidade, mobilidade... que precisades para que a vosa empresa funcione cada día da forma máis eficaz? Precisades solucións de conectividade que se adapten ás vosas necesidades, ás circunstancias e ao voso equipo e, por suposto, sen incorrer en grandes custos. Porque non hai dúas empresas iguais, cada unha ten o seu propio ritmo e o que se require son solucións flexibles e personalizables, e que as poidades ir contratando segundo as vosas necesidades.
Coñecer de preto a vosa empresa e as necesidades do voso negocio son a clave para ofrecervos unha resposta tecnolóxica adaptada ao que necesitades. Sabemos que internet, as chamadas a fixos e móbiles ou as funcionalidades das centraliñas son esenciais no día a día da empresa, como tamén o é, por exemplo, a comunicación continua de todo o equipo, independentemente da localización na que cada un estea.
E para iso dispoñemos do servizo Solución Empresa de R. Trátase dunha solución flexible e personalizable que podedes adaptar ás necesidades da vosa empresa. Inclúe internet, liñas de voz, terminais, solucións de telefonía para chamadas a fixos e móbiles, funcionalidades avanzadas de centraliña e mantemento preferente para empresas.
As tecnoloxías baseadas en IP xestiónanse facilmente dende un portal online e permiten engadir funcións e facer cambios a golpe de botón. A solución conta con servizos integrados que favorecen a xestión do día a día conectando todas as vosas sedes e favorecendo a colaboración dos empregados para que a vosa empresa funcione ao mesmo ritmo. Achega funcionalidades e melloras sobre o servizo básico que podedes engadir cando precisedes, sen necesidade de investir en infraestrutura.
Solución Empresa ofrece unha ampla variedade de funcionalidades de centraliña. De contado destacamos algunhas delas:
- Integración de fixos e móbiles: Responde no fixo ou no móbil cando queiras.
- Calendario personalizado: Xestiona as chamadas segundo o teu horario e o do teu negocio configurando o horario e o calendario de festivos da túa empresa.
- Música en espera personalizable: Escolle a música que prefiras para que os teus clientes desfruten mentres esperan a ser atendidos.
- IVR con opcións: Distribúe as chamadas entre os axentes de maneira eficiente seleccionando unha opción dende o teclado.
- Manager – Asistente ou Manager – colaborador: Xestiona como queres atender as túas chamadas, transferíndoas directamente á persoa que queres que a atenda ou seleccionando aquelas que non desexas transferir e atenderás persoalmente.
- Liña de cabeceira: Presenta o número da túa empresa ou aqueles que queres xestionar de maneira máis flexible. Publica aqueles números que queres xestionar de maneira máis eficiente, cun grupo de salto ou un IVR, ademais de poder utilizalos para realizar chamadas saíntes presentando o número.
- Grupos de salto: Distribúe chamadas simultáneas entre os axentes dispoñibles.
- Captura de chamadas: Non perdas ningunha chamada e atende sempre aos teus clientes dentro e fóra da oficina aínda que non haxa recursos libres.
Para complementar a túa Solución Empresa e mellorar a produtividade dos teus empregados, engade Office 365 e gaña en traballo colaborativo, opcións de ciber-seguridade como a protección do posto ou a copia remota de seguridade para minimizar riscos, ou un wifi profesional para mellorar a cobertura e capacidade do wifi na túa oficina.
En resumo, a oferta R Empresa é perfecta para resolver todas as vosas necesidades de comunicación de forma flexible e sen investimentos en equipos. Queres saber máis? Contacta co noso equipo e cóntanos.