Movémonos con Uber ou Cabify e eliximos hotel consultando as opinións en Booking. Case sen darnos conta, incorporamos os novos modelos de negocio na nosa rutina diaria.
A aparición de novas tendencias está a transformar os hábitos dos consumidores. A globalización, o desenvolvemento de novas tecnoloxías e a crecente dixitalización de procesos e servizos definen o mercado presente e nun futuro inmediato.
Nesta contorna cambiante, a aparición de novas tendencias está a transformar os hábitos dos consumidores. Os servizos OTT están a impulsar cambiostransformacionais nunha gran cantidade de sectores. No sector das telecomunicacións en que se move R, a transformación vén marcada principalmente pola converxencia de diferentes servizos.
A Intelixencia Artificial e o 5G son claramente as dúas tecnoloxías máis decisivas neste mercado. Xa están aquí, ao noso alcance e vannos permitir ir máis aló do que fixemos ata o de agora.
A habilidade de competir en contornas altamente competitivas está no ADN de R
EnR, como en Euskaltel e Telecable (as tres ‘patas’ do Grupo Euskaltel) xa iniciamos o camiño da transformación e contamos coa nosa propia folla de ruta orientada a crear valor nun sector que afronta importantes retos e oportunidades. Para empezar, o Grupo quere consolidar o negocio actual e aproveitar a oportunidade de expansión a nivel nacional. Atendemos neste momento ao 15% do mercado e propoñémonos chegar a ese 85% restante coa mellor oferta calidade – prezo cunha expansión baixo un modelo de crecemento rendible.
Xa estamos a ver os primeiros resultados do noso traballo coa simplificación e unificación do modelo comercial de pemes ou o desenvolvemento de solucións e servizos en materia deCiberseguridade ou cloud. Precisamente o cloud é algo que nos fai especialmente diferentes, pois as tres compañías conformamos o único operador nacional con Datacenters próximos ás localizacións dos nosos clientes.
A día de hoxe, as empresas do Grupo Euskaltel somos líderes no norte de España coas nosas 3 marcas: R en Galicia, Telecable en Asturias e Euskaltel no País Vasco. O arraigamento nestes territorios non é unicamente un sinal de identidade, senón un valor en si mesmo que nos converte no único operador global deslocalizado de Madrid. Isto é un diferencial do que nos sentimos orgullosos e que, ademais,nos habilita para competir nas mellores condicións, alá onde vaiamos, por facelo xa nunha contorna altamente competitiva.
Levamos máis de 20 anos axudando os nosos clientes para aproveitar a tecnoloxía como motor do seu negocio e estamos orgullosos de achegar e de seguir achegando cada día a nosa axuda como asesor e divulgador tecnolóxico.
Queremos mellorar a experiencia dos clientes cando utilizan os nosos servizos. Parece que polo menos en parte conseguímolo xa que as estatísticas reflicten que o Grupo Euskaltel é o mellor valorado polas empresas polo seu servizo técnico e atención ao cliente.
As novas tecnoloxías, ameaza ou oportunidade?
José Miguel García, CEO do Grupo Euskaltel, analizou recentemente os retos aos que se enfrontan as empresas nunha contorna altamente competitiva marcada polas novas tecnoloxías. Para ser quen de competir cómpre que as empresas sexan flexibles, cun modelo operativo eficiente, unha tecnoloxía innovadora e por suposto, talento na organización; e para iso, “contamos cun equipo de persoas de primeiro nivel, moi preto das nosas empresas”.
Ameaza ou oportunidade? Por suposto, en R e no Grupo apostamos polo segundo. O obxectivo final da trasformación dixital é converter as supostas ameazas en enormes oportunidades.
E isto é xa unha realidade que se reflicte nalgúns casos de éxito nos que traballamos. Por exemplo, Norbolsa, coa externalización das súas infraestruturas informáticas; ou Jealsa, empresa galega de referencia no sector alimentario, cunha solución cloud de continuidade de Negocio ( DRaaS) entre datacenters do grupo.
Contamos convosco, sexa cal sexa o tamaño ou o sector da vosa empresa, para que nos apoiedes neste cambio decisivo e ofrecémosvos o noso apoio para que desenvolvades todo o voso potencial.
Todos somos aliados nesta nova era chea de oportunidades que temos por diante. A transformación comezou. Quedar quieto - e sobre todo só - non é unha opción.
Contacta co noso equipo e traballaremos xuntos na solución tecnolóxica máis axeitada para a túa empresa.
teléfono: 1446
correo electrónico: [email protected]