EnRapostamos pola transparencia e a sustentabilidade, un compromiso que materializamos a través daFundaciónKnowcosterse a súa Pegada Fiscal (PF).Rconvértese así na primeira empresa de telecomunicacións que se acredita co selo que certifica a súa transparencia e compromiso en materia fiscal.

Pegada Fiscal

A Pegada Fiscal daFundaciónKnowcostersé como o DNI dos produtos que compras. Este distintivo informa de que as empresas pagan os seus impostos, o IVE e o Imposto de Sociedades,no lugar de orixe onde se fabrican os produtos ou servizos que prestan. A FundaciónKnowcosterscédeo gratuítamente co único requisito de que os datos achegados polas firmas solicitantes sexan veraces.

Grazas a este acordo de colaboración,Rutilizará a Pegada Fiscal e entrará a formar parte da listaxe de máis de 100 empresas que dispoñen deste distintivo, que xa teñen outras grandes firmas como Corporación Alimentaria Peñasanta (Capsa Food), que conta entre outras marcas con Central Lechera Asturiana, Larsa e Innova Food.

FundaciónKnowcosters

Como di o seu nome,Knowcostersbusca que o consumidor coñeza os custos visibles e os custos indirectos dos produtos, os que non ven e pagamos todos: custo benestar e custo planeta.

Por iso promove o uso de ferramentas como a Pegada Fiscal, así como a Triple Marcaxe, unha etiquetaxe que indica non só o valor monetario senón as condicións das persoas implicadas no seu ciclo de vida e información sobre o coidado e protección do medio ambiente.

A FundaciónKnowcosters, cuxo presidente fundador é o creativo, publicista e escritor Miguel Conde-Lobato, constitúese no 2013 para contribuír a que a sociedade coñeza as boas prácticas sociais e ambientais e o que en ocasións se esconde tras un prezo esaxeradamente baixo.

O seu obxectivo non é sermonar nin demonizar, senón informar promovendo un consumo transformador, que sexa quen de cambiar a sociedade incrementando o nivel de información veraz á hora de tomar unha decisión de compra.