No día a día da empresa, facemos uso do correo electrónico, de solucións ofimáticas, sistemas de xestión empresarial, de servizos de seguridade... pero, ademais, agora vemos unha aposta xeneralizada polos servizos 'commodities' e un aumento relevante dos servizos asociados ao dato.
Todo iso, mentres a nivel global o despregamento de servizos na nube se consolida como o principal piar tecnolóxico no que se apoia a industria para a transformación dos seus negocios, ao ser consciente de que se afianza o seu ecosistema de valor, se mellora a eficiencia e se fomenta a innovación.
As empresas sodes coñecedoras das vantaxes das solucións cloud, como a capacidade de transformación da organización de T.I., a flexibilidade e a escalabilidade ou a mellora do Time to Market, pero seguen existindo barreiras que frean o despregamento deste tipo de servizos nas vosas empresas, como a dificultade de integración ou o medo aos custos ocultos.
É importante saber que solucións cloud están a ser usadas e demandadas na vosa empresa porque serán factores determinantes á hora de seleccionar o provedor máis adecuado para a organización.
Historicamente, aos xestores de T.I. preocúpavos que o negocio se paralice ou perder información relevante por algún incidente; a degradación ou a obsolescencia de programas e sistemas; e queredes dispoñer da información centralizada e sempre dispoñible para que os empregados poidan acceder a ela dende calquera localización e en calquera momento.
A día de hoxe, ás tres habituais cuestións clave que sempre tedes en mente (a relación calidade/prezo, a flexibilidade e a escalabilidade e o catálogo de servizos) súmase unha variable na que cada vez vos fixades máis: a presenza do provedor e das súas infraestrutura cloud próxima á vosa empresa.
O datacenter virtual de R é unha solución integral cloud con todas as garantías de seguridade para a túa empresa. E partindo do noso obxectivo prioritario de achegarvos un servizo próximo e personalizado, o Grupo Euskaltel dispón de centros de datos destinados especificamente a lles dar servizo aos clientes en todos os territorios nos que opera (Euskadi, Galicia, Asturias). Todos eles contan con tecnoloxía de última xeración e ofrecida en pago por uso. Están totalmente integrados entre si e coas vosas redes privadas, convertendo o datacenter nunha localización máis da vosa empresa con acceso a internet centralizado e próxima ás vosas localizacións, co que podedes plantexarvos realizar despregamentos cloud híbridos coas mellores prestacións. Conta, ademais, con plataformas de bases de datos Oracle, HANA administradas, servizos de replicación de cargas de traballo, Sistemas de seguridade perimetral e capacidade de hibridación con nubes publicas mediante circuítos privados.
O datacenter virtual fr Grupo Euskaltel está baseado en tecnoloxía VMWARE e en plataformas de cómputo e almacenamento profesional de alto rendemento transaccional. Está certificado co Esquema Nacional de Seguridade (ENS) e ofrece alta dispoñibilidade con camiños e equipamento totalmente redundados que achega a tranquilidade de ter o negocio protexido ao tempo que a axilidade necesaria para despregar novos servizos nun modelo orientado ao aforro de custos e a simplicidade na operación.
En R levamos case 20 anos sendo referente en solucións cloud e queremos seguir apoiándovos na vosa transformación dixital con proximidade e profesionalidade.
Se queres saber máis sobre o noso datacenter virtual subscríbete ao noso boletín ou contacta con noso equipo da área comercial empresas.