okwifi é a solución de wifi gratuíto de R cunha conexión de ata 100 megas nunha cafetería, nun bar o nun restaurante para ofrecer a máxima comodidade aos teus clientes. E o mellor de todo é que poden conectarse ata 100 ususarios de xeito simultáneo sen que a conexión vaia mal.

okwifi axuda a que te diferencies da túa competencia grazas á mellor cobertura e máxima velocidade sen importar o número de clientes conectados á rede. Un distintivo na porta do teu negocio indicará que dispós deste servizo gratuíto para clientes.

Para a túa tranquilidade, contas cun mantemento preferente gratuíto. Tanto no soporte telefónico coma se requerise actuación e desprazamento dun técnico, a consulta ou problema resolverase en menos de 8 horas.

Ademais, o servizo vixía que non teñas abusos na conexión da túa rede wifi e non afecta ao teu acceso a internet.

Como conectarse a okwifi?

A conexión a esta rede wifi por parte do cliente é moi sinxela e non necesita ningunha clave para acceder. Ao entrar nun establecemento co distintivo okwifi hai que localizar a rede wifi no teu dispositivo móbil, tablet ou portátil, conectarse, aceptar as condicións e... listo! o cliente estará disfrutanto gratis de acceso a internet.

Simplemente pulsando un botón no navegador, os teus clientes estarán conectados e non terán que volver identificarse no prazo dun mes. Non é necesario que estean con contrasinais.

okwifi

Canto custa okwifi?

Cada punto de acceso ten un prezo de 19,9€/mes+IVE e a alta é gratuíta coincidindo coa promoción do lanzamento de okwifi.

Xa ves que pouco custa ter aos clientes contentos e que o teu establecemento teña un valor engadido cunha conexión wifi de alta calidade. A que esperas para contratalo?

Ata a próxima!