Hai anos comezaba a expandirse de forma sistemática o termo de “transformación dixital”. Ese concepto agora tan coñecido, que vén enmarcar como a evolución tecnolóxica nos axuda a mellorar as nosas empresas, cobra un especial protagonismo estes días.
A alarma sanitaria ocasionada polo coronavirus esíxenos ser solidarios e responsables evitando poñer en risco a nosa saúde e a dos que nos rodean, interactuando o menos posible de forma presencial. Por iso a maior parte das empresas decidiron transformarse, cambiar o chip, e implantaron o teletraballo de forma xeneralizada.
Esta situación sitúanos ante un reto: poñer a proba a dixitalización dos nosos procesos de traballo, é dicir, traballar dende calquera lugar e en calquera momento de forma áxil e sinxela. Trátase, a priori, dun reto difícil, pero non imposible.
A tecnoloxía, como noutras ocasións, está a ser noso grande aliado para superar este reto, pero non o lograremos sen a responsabilidade de todos e cada un de nós. En R estamos a traballar, conxuntamente co resto dos operadores de telecomunicacións, para lles garantir o servizo ás empresas e a todas as persoas que están teletraballando ou que requiran facelo coma se estivesen nos seus postos de traballo.
Neste novo escenario, dende R lembrámosche algúns dos servizos e solucións que poñemos á túa disposición para continuar comunicado coa túa empresa, cos teus equipos e cos teus clientes dende a túa empresa e dende o teu fogar:
Firewall Virtual: que che permite?
Xestiona as túascomunicacións e a seguridade da túa empresa extremo a extremoofrecéndolles aos teusclientes acceso seguro a todas as aplicacións emantendo un pleno control sobre plataformas, sempre actualizadas esempre dispoñibles.
Permite a conexión dosteus empregados ou doutras redes. Resulta necesario no caso de quelles queiras facilitar oacceso a determinados servidores da rede privada, por exemplo aempresas provedoras ou de mantemento ou para o teletraballo dos teusempregados.
Mantén o tráfico limpoeseguro cunha solución de seguridade global paraas túas infraestruturas, tanto enservizos de datacenter como naslocalizacións remotas a través de accesos da rede corporativa ou delocalizacións remotas con accesos VPN, permitindo unha navegaciónsegura e un control total da rede.
Filtra os accesos a URLsmaliciosas e mantén o control das aplicacións de maneiracentralizada, coma se todos os usuarios accedesen dende a oficina.
Mantén actualizado o antivirus e o antispam para detectar e eliminar virus informáticos e outros programas maliciosos permitindo desfrutar dunha navegación e servizo de correo limpa e segura.
Microsoft Teams: que posibilidades che ofrece?
Comunicarte cos teusempregados mediante chat e chamadas tanto en conversacións privadascoma en grupos reducidos eequipos de traballo.
Compartir os arquivos,aplicacións ou o teu escritorio grazas á súa integración naturalcon Skype, e revisar os momentos importantes máis tarde contranscricións do contido gravado.
Administrar todas asconversacións, arquivos e ferramentas nunhaárea de traballo en equipo.
Crear, editar e compartir documentos sobre a propia aplicación Teams.
A VPN de Datos garante a conexión dos teus empregados a aquelas aplicacións críticas que non sexan accesibles a través de Internet do mesmo xeito que se estivesen integrados na rede corporativa IP utilizando unha banda ancha ou unha conexión a través dun móbil.
Estas son só algunhas ferramentas e recomendacións que podemos dar e que son reflexo da importancia da tecnoloxía nunha crise como esta. Nestes momentos é cando as empresas demostran o seu compromiso cos seus empregados, cos seus clientes e coa sociedade.
Agora, o reto da dixitalización tamén é axudar a que as empresas e as persoas afronten con serenidade e profesionalidade o futuro, e contribuír ao obxectivo último, que non é outro que o de saír canto antes e reforzados desta crise que excede os límites da saúde e afecta de maneira global a todos os ámbitos da sociedade.