O 28 de xuño en R participamos na Noite de Enxeñería en Informática de Galicia.
Un evento que reúne a moitas empresas do sector que están presentes na nosa comunidade e onde se premia o traballo e a dedicación de todo un ano.
Deste xeito, non só hai premios para o proxecto fin de carreira, á traxectoria profesional, colexiado de honra, mellor iniciativa educativa, e-inclusión ou iniciativa emprendedora.
Economía Dixital
O noso director de empresas, Isidro Fernández de la Calle foi o encargado de entregarlle a Alastria o premio polo fomento da economía dixital. Trátase, precisamente, dunha asociación sen ánimo de lucro que fomenta a economía dixital a través do desenvolvemento de tecnoloxías de rexistro descentralizadas/Blockchain.
Noite Galega das Telecomunicacións
Por outro lado, fai unhas semanas tamén tivo lugar a Noite Galega das Telecomunicacións e da Sociedade da Información. Trátase dun evento organizado polo Colexio Oficial e da Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia.
Con 24 edicións ás súas costas, busca "poñer en valor o papel dos enxeñereiros de telecomunicacións como axentes dinamizadores do progreso social".
Un traballo que nos beneficia a todos
O decano do Colexio de Inxeñeiros de Telecomunicación, Julio Sánchez Agrelo, fixo fincapé precisamente en todo o traballo que realizan os enxeñeiros, do que moitas veces non somos conscientes.
Así, “realizar unha chamada telefónica por móbil, acceder a internet, enviar emails, ver cinema nunha plataforma de TV, escoitar a radio, dirixir un dron ou conducir un roteiro con GPS” ten detrás o esforzo de miles de profesionais que nos permiten que o noso día a día sexa máis cómodo.
Durante o evento tamén houbo premios (Enxeñeiro do Ano, Socio de Honra, Mellor Proxecto TIC ou Axians 2019) nunha cerimonia na que participaron unhas 300 persoas e que busca ser un acto relevante de networkin.