Nun mundo hiperconectado e en pleno auxe das solucións empresariais baseadas en IoT e Intelixencia Artificial, cobra especial relevancia a modernización das arquitecturas de almacenamento para unha xestión moderna do dato.

Neste contexto, R aposta por estratexias que vos permitan ás empresas completar as actuais bases de datos relacionais para poder explotar os datos de maneira máis efectiva, ampla e profunda. Trátase dunha modernización que facilite a evolución a novas capacidades de analítica, permitindo a inxesta de múltiples fontes e variables de datos a gran velocidade e en tempo real, dispoñendo tamén da capacidade de cómputo e das ferramentas necesarias para realizar unha explotación áxil de todos os datos existentes.

A plataforma Mileva é unha solución converxente para a estratexia de dixitalización e unha base para o desenvolvemento rápido de solucións e servizos dixitais na que todos os dispositivos poden ser considerados un sensor, con algoritmos capaces de obter patróns, predicir comportamentos futuros ou de aprender con exemplos.

A dixitalización de actividades e servizos diarios lévanos cara a empresas cada vez máis dixitais e ao continuo incremento de dispositivos conectados. Smart Car, Smart Home, Smart City, Smart Retail, Smart Farming, e-Health ou Industria 4.0 representan un futuro inmediato no que xa estamos a ver grandes avances. E a incorporación de plataformas IoT como MILEVA IoT axudan a transformar os procesos industriais desenvolvendo novos produtos e servizos clave para adaptarse á nova realidade, dixitalizando procesos, automatizando operacións e achegando a capacidade para realizar o seguimento, inventario e a monitoraxe en tempo real dos activos empresariais.

Por que Mileva IoT?

- Desenvolvemento e integración de todo tipo de sensores, físicos ou en modo software, segundo as especificacións do cliente.

- Comunicacións seguras a través de redes privadas converxentes con redes corporativas.

- Administración e provisión de dispositivos IoT a grande escala.

soluciones_inteligencia_artificial

- Ferramenta gráfica para a configuración de regras e a aplicación da lóxica de negocio de forma sinxela.

- Dispoñibilidade de servizo en modo API con acceso seguro ás capacidades da plataforma para a integración en aplicacións de negocio, apps ou ferramentas web.

- Converxencia con Mileva Big Data, a plataforma en modo servizo e escalable que permite a xestión da información a grande escala en tempo real.

Mileva Big Data capacítavos ás organizacións para conseguir calquera dato necesario no voso desenvolvemento e para integrar e almacenar esa información, con garantía de rendemento para unha analítica en tempo real, escalabilidade ilimitada grazas a unha plataforma baseada en nube híbrida, garantía da continuidade e seguridade dos datos, a plataforma e as comunicacións.

Mileva IA completa o ciclo de valor do dato cunha plataforma open source personalizable totalmente flexible para desenvolver e manter modelos de IA e cun servidor de predicións cuxos modelos poden ser despregados en produción nos mesmos servidores de Mileva, IA ou mesmo se poden crear urls para introducir datos a man. Conta ademais con capacidade de computación que permite instalar as librerías e linguaxes que necesite o cliente e con dashboards definidos para monitorear a calidade do servizo. En suma, ofrece as mellores prácticas e os últimos avances do sector para dotarvos ás empresas dunha maior competitividade e mellora operacional nos vosos procesos e toma de decisións.

En R, como socio tecnolóxico integral no ámbito da transformación dixital das empresas, poñemos ao voso alcance toda a capacidade das nosas solucións e equipos dispoñibles, traballando sempre con tecnoloxías emerxentes e establecendo alianzas para a incorporación de novos servizos, produtos, coñecemento, experiencia e casos de éxito.

Se queres saber máis sobre os nosos servizos IoT e Big Data para empresas, subscríbete ao noso boletín ou contacta con noso equipo da área comercial empresas.