A segunda edición de MEET_IA explora o seguinte salto: a era da axentización. Celebrarase o martes 18 de novembro, a partir das 09:30 h, no Círculo de Empresarios de Galicia.

A intelixencia artificial está a entrar nunha nova fase: o paso das ferramentas aos axentes. Capaces de observar, decidir, executar tarefas e aprender de maneira autónoma, están a redefinir como interactuamos coa tecnoloxía, como toman decisións as organizacións e como se crea valor.

Neste encontro, líderes tecnolóxicos, expertos legais e empresariais, fondos de innovación, universidades e compañías pioneiras compartirán visión e casos prácticos para entender que procesos, profesións e modelos de negocio se transformarán primeiro.

O obxectivo non é falar de futuro, senón mostrar como xa está a ocorrer e que oportunidades abre para Galicia como territorio innovador: dende a industria e a saúde ata as finanzas, telecomunicacións, a administración pública ou a economía creativa.

Por parte de R, participa Alberto Díaz, Product manager IA & Data MasOrange, quen contará, de forma práctica, como axentes IA capaces de aprender e tomar decisións permiten realizar unha atención ao cliente omnicanal, personalizada e eficiente 24/7 xunto coa capacidade para realizar as tarefas operativas principais dunha empresa.”

Meet_IA 2025 é un foro deseñado para pasar da conversación á acción, inspirando, conectando ecosistema e acelerando a adopción real de IA aplicada.

separador puntos horizontal

Cando: 18 de novembro de 2025

Onde: Círculo de Empresarios de Galicia

separador puntos horizontal

Se estás interesado en asistir, inscríbete aquí.