Atopámonos ante unha situación sen precedentes. Conscientes das consecuencias económicas e sociais do COVID-19, as administracións públicas están a traballar en diferentes medidas e iniciativas extraordinarias que axuden a mitigar, na medida do posible, os efectos da pandemia, especialmente no caso daqueles para quen poden ter unha maior repercusión, como é o caso de autónomos e Pemes.
Iniciativaspúblicas de apoio en Galicia
A Xunta de Galicia quere trasladarlles aos axentes económicos e sociais galegos toda a información e os apoios dos que dispón para facer fronte a esta nova realidade. Por este motivo, acaba de poñer en marcha unha aplicación móbil, a través da plataforma Gohu, para estar máis preto do tecido empresarial e de todos os axentes que conforman o mercado laboral galego.
A través desta aplicación pódese acceder, de maneira totalmente gratuíta, a información de todas as axudas e ás principais normativas e circulares vinculadas á problemática do coronavirus que a Xunta de Galicia xa aprobou e tamén ás principais novidades que se lanzan dende a Administración Xeral do Estado.
Máis información: ceei.xunta.gal/coronavirus
Teléfono: 900 815 600
Plan ACELERA: Dixitalización e formación, claves para atallar a crise
Polasúa banda, a Administración Pública estatal, para garantir aactividade empresarial e as relacións de traballo, dispuxo medidasextraordinarias centradas en acelerar o procesode dixitalización,ofrecendo máis axudas ás pemes dende o asesoramento e a formación.
Estasson algunhas das principais medidas:
– Creación do portal Acelera PYME para que as pemes se poidan informar de todos os recursos á súa disposición para a dixitalización e, en concreto, para aplicar solucións de teletraballo.
– Ampliaciónde sedes do programa de Oficinas de Transformación Dixitalen colaboración coas Cámaras de Comercio e con outros axentespúblicos e privados.
– Lanzamentodo programaAcelera PYME-Talentopara reforzar a formación das pemes en solucións e ferramentas paraa dixitalización.
- Medidas de apoio á creación de solucións, coñecementos, tecnoloxías e innovacións para a dixitalización das pemes a través da posta en marcha dunha liña de axudas que impulsen o liderado empresarial en I+D+i das empresas dixitais españolas.
- Apoio financeiro para a dixitalización das pemes a través do Instituto de Crédito Oficial ICO para as PEMES, mobilizando nos próximos dous anos máis de 200 millóns de euros.
R,decidido apoio ao teletraballo
Comunicacións unificadas no fixo e no móbil, colaboración e compartición de documentos, axenda corporativa, acceso e almacenamento remoto de información corporativa a través de Office 365 que permite a colaboración e traballo en equipo, xestión electrónica de proxectos e pedidos, organización do tempo, tarefas e avisos. Todo iso nunha contorna cibersegura, de xeito que os teus datos e servizos estean sempre protexidos. Son só algunhas das posibilidades que ofrece o teletraballo e que che facilitamos dende R.
Lembra que en R estamos á túa disposición para axudarte. Porque é momento de que cada cal poña da súa parte para combater o Covid-19.