solucións dixitais
5, 6 y 7 de abril 2022
E agora que? cales son os seguintes pasos? Cal é a solución dixital para o meu negocio? Estas son as preguntas que nos facemos agora que xa presentamos as peticións das axudas do Kit Dixital.
Ao longo de tres xornadas, dunha maneira dinámica, os nosos socios tecnolóxicos explicarannos en detalle todas as solucións dixitais do programa Kit Dixital.
Programa
Martes, 5 de abril, 9:30h
Fai medrar a túa empresa en Internet, cara a negocios cada vez máis dixitais:
- Construír a túa propia web
- Crear una tenda en liña
- Relacionarte cos teus clientes nas RRSS
Mércores, 6 de abril, 9:30h
Solucións dixitais para XESTIONAR e AUTOMATIZAR a túa empresa:
- Xestión de CRM | ferramenta para facilitar a xestión integral e a relación cos teus clientes
- Identificar, recoller e analizar os datos para sacar o maior rendemento
- Xestión de procesos | ferramenta para xestionar e automatizar toda a información financiera
- Factura electrónica | solución para aforrar tempo e axilizar os procesos administrativos cos teus clientes
Xoves, 7 de abril, 9:30h
Como dispor dunha oficina virtual garantindo a seguridade nas túas comunicacións?
- Servizos e ferramentas para a túa oficina virtual
- Ciberseguridade en todo o ecosistema da túa empresa
- Comunicacións seguras en todos os dispositivos