Ola. En R sempre nos gusta escoitar os nosos clientes e ir adaptándonos ao que nos piden. É por iso que che queremos comentar que nos próximos meses iremos sacando novos paquetes e opcións.

En próximos posts irémosche contando máis detalle, pero hoxe queremos facerche un pequeno adianto.

Pensado para ti e dende aquí

O que buscamos é dar resposta concreta aos temas que che preocupan no teu negocio. Comentáchesnos que era importante poder estar sempre conectado, aínda que non estiveras na túa oficina ou local. E seguir sendo produtivo. Así que sacaremos solucións nesa liña.

Ademais, como sempre facemos, en R encargarémonos de axudarte en todo o que precisas. Trataremos de axustarnos ao teu negocio (non é o mesmo unha cafetería que unha clínica dental), configurando e personalizando os servicios ao teu gusto.

Non só telecomunicacións

Como non queremos quedarnos só aí, daremos un paso máis alá. Con R terás non só un provedor de telecomunicacións, senón tamén un aliado cando o necesites. Moitas veces precisas axuda con temas de informática ou aplicacións ofimáticas, e nós tamén che botaremos unha man con elas.

Un negocio, unha solución

Como dicíamos arriba, cada negocio é diferente. Por iso imos sacar solucións específicas para diferentes tipos de negocio. Por exemplo, se es autónomo ou profesional pola túa conta, teremos unha proposta para ti na que te axudaremos a ser máis produtivo. Do mesmo xeito, teremos outras propostas para hostalería, para oficinas, para comercios ou para lugares onde os clientes teñen unha sala de espera. Por poñer un exemplo, gustaríache poder enviarlle un SMS ou un whatsapp aos clientes recordándolles unha cita? Pois será posible dun xeito moi sinxelo.

De todas os xeitos, ti sempre poderás elixir os servizos que mellor se adapte ás túas necesidades.

Control

Ademais, para que esteas tranquilo cando non estás no teu negocio, o internet das cousas será para ti un grande aliado.

Grazas a 3ollos R poderás saber se alguén abre a portal do teu local cando non estás, se a cámara frigorífica ten unha temperatura adecuada ou ben ver en directo todo o que está a pasar na túa empresa ou oficina.

Rapidez e trato preferente

O teu negocio ou empresa é a túa vida. Sabemos que as telecomunicacións son parte fundamental do teu día a día. Polo que se falla internet ou outro servizo che afecta. Loxicamente tratamos de darche un servizo de calidade, para que rendas ao 100%. E se algo se torce, estaremos aí.

Xa nos contarás se che ten boa pinta o que está por vir. Como ves, tratamos de adaptarnos ao que precisas. Pero sen perder a calidade a proximidade que sempre nos pides.

Un saúdo!

Imaxe de Helloquence